Juan José Feijóo
Socialistas, entre dimes y diretes
ARQUITECTURA POPULAR
O Dicionario da Real Academia Galega define a etnografía como a ciencia que ten por obxecto o estudo e descrición dos grupos humanos así como dos seus caracteres antropolóxicos, culturais, sociais e feitos de civilización; o que se coñece popularmente como cultura material dos diversos pobos ou etnias.
A importancia da casa como elemento principal da cultura material dos pobos foi xustamente destacada de xeito especial polos etnógrafos de case todo o mundo; así a súa estreita relación co home, tanto como espazo natural no que se desenvolve a súa vida como expresión arquitectónica e útil sitúaa, de xeito preferente, no estudo á hora do seu desenvolvemento en relación coas diversas manifestacións culturais dunha determinada comunidade histórica como acontece coa casa rural galega.
Os muros das vellas construcións rurais están conformados por diversos elementos construtivos, así os muros formados por diversos elementos en cachotería de granito, perpiaño, cantería, croios ou pelouros rodados e máis frecuentemente coa mestura de pallabarro teñen enorme importancia no desenvolvemento da casa. Os muros levan unha serie de vans co obxecto de facilitar o acceso interior da vivenda ademais de permitir a entrada da luz e o aire a través das fiestras.
A cuberta ten importancia como elemento de protección contra as inclemencias do tempo constituíndo a súa forma en función da edificación a protexer, sen esquecer por outra banda o factor climático en relación coa técnica para cubrir o edificio, mediante dúas, tres ou catro augas, sendo xeralmente en Galicia a dúas augas composta por tella curva do país. A cheminea constitúe o elemento de saída cara ao exterior do fume provinte da lareira. Esta adopta xeralmente a forma xeométrica prismática ou de planta rectangular, con pouca elevación dando remate á mesma un artístico e metálico catavento.
Un dos elementos construtivos no interior da vivenda constitúeo o propio chan de madeira de carballo ou de castiñeiro, mentres que as divisións interiores fórmanas os tabiques formados mediante unha mestura de pallabarro composta de barrotes ou táboas verticais.
A importancia da casa como elemento principal da cultura material dos pobos foi xustamente destacada de xeito especial polos etnógrafos de case todo o mundo
As escaleiras con acceso exterior ao primeiro andar e a solaina ou corredor adoitan ser de madeira, aínda que nalgúns casos poden ser de pedra; o citado corredor, maiormente cuberto, fórmao a prolongación do propio tellado podendo atoparse pechado mediante unha galería acristalada constituíndo unha mellora na solaina á parte do seu ornato que constitúe unha eficaz protección contra o embate da chuvia e o vento na época invernal, o que constitúe un espazo útil e seguro tanto para o lecer dos moradores así como excelente medio para o secado da roupa ademais da aireación dos diversos e variados produtos agrícolas provintes do campo.
A cociña conforma a dependencia central da vivenda ademais de ser o lugar preferente para a xuntanza dos moradores da casa, sendo a lareira ou lar o lugar onde se prende o lume para cociñar tanto para o uso das persoas como para os animais. O vertedoiro ou fregadeiro atópase inserido no muro baixo a única fiestra que leva a cociña. O forno é unha pequena construción circular utilizada para cocer o pan. Nos cuartos atópase a dependencia para durmir e as camas, que sufriron diversas modificacións ao longo do tempo pasando das primeiras compostas por xergóns cheos de palla ou folla seca ata as máis modernas.
O patio de acceso á casa é mediante unha portada, constituíndo un importante recinto auxiliar da propia vivenda utilizado tanto para a garda dos diversos instrumentos da labranza como do carro, elemento imprescindible nas angueiras do campo.
Por último, como elementos importantes figuran nos baixos da vivenda as adegas, ás que se accede desde o patio a través dunha grande porta de madeira dotada de reixa que favorece a ventilación do viño. As cortes, cortellos ou cuadras son os lugares de acubillo dos animais domésticos, que ocupan grande parte da superficie baixa e térrea da vivenda, dependendo as súas dimensións da maior ou menor facenda con que conta a casa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan José Feijóo
Socialistas, entre dimes y diretes
Juan Andrés Hervella
ARQUITECTURA POPULAR
Etnografía
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
Espejito, espejito
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Por cuatro perras”
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
El Consello Regulador lanza dos campañas de promoción en Valdeorras
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 11 de julio