La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Non sei porque teño eu simpatía por este mandatario político aymara, elexido democraticamente como presidente da República de Bolivia. Agora que todo o mundo censura as condicións nas que foi aprobado o novo texto constitucional, cualificado de excesivamente estatista pola oposición representada neste caso polo partido conservador e polos representantes de cinco das nove rexións que compoñen Bolivia, eu inclino a cabeza a modo de respecto ante un político renovador que defende un novo concepto de patrias, considerando a Bolivia un estado plurinacional no que conviven diferentes culturas, tradicións e linguas esmagadas polas fondas pegadas dunha colonización da que non se dan liberado. Na Bolivia de Evo Morales contemplaranse todas esas linguas como cooficiais, e son moitas: aymara, araona, bésiro, guaraní, canichana, chácobo, chimán, moré, mosetén, yuki, zamuco etc. Si, gústame a proposta de Morales de refundar Bolivia para tantos inxenua, provocadora, populista e cun exceso do peso estatal.
Entendo, non sei porque, esa defensa a ultranza dos pobos indíxenas, non só no que se refire á lingua, senon tamén no referente ao recoñecemento das súas tradicións populares como á mediciña natural e o seu exercicio, como consta nese texto constitucional tan polémico. Se cadra a miña simpatía ten raíces fondas, asentadas na empatía compartida polo sucedido aquí co peso do castelán como lingua de prestixio nesta Galiza esmagada pola autoxenreira dos que endexamais empregarán o galego por consideralo minoritario e inefectivo. As explicacións que se dan para agochar este desprezo son tan absurdas como a de que non saben falalo ben...
E eu pregúntome, como pode alguén presumir de falar inglés, francés, italiano ou mesmo vegliota e proclamar non ser quen de usar o galego con fluidez sendo unha lingua coa que conviven dende nenas e nenos? Si, debe ser por estas cousiñas que a min o indixenista Morales me cae tan ben, porque me lembra a Murguía e a súa idea dun estado federal, ou á propia Rosalía que nun dos seus exemplares de Cantares Galegos escreve unha adicatoria a Cecilia Bölh de Faber, máis coñecida como Fernán Caballero, agradecéndolle que nas poucas páxinas que presta atención á Galiza se afastase das vulgares preocupacións coas que se pretendeu manchar o país. Si, sinto tenrura pola boa fé deste político antiimperialista, que defende o seu, é dicir, todo o que lle foi roubado a Bolivia ao longo do tempo ata deixala sen autoestima, e facer dela unha imitadora da cultura europea, rexeitando a súa propia. Como aquí, durante moito tempo, prohibiuse o uso das linguas minoritarias nas escolas aos indios do Amazonas fomentando prexuízos lingüísticos e mesmo racismo. Galeano dá boa conta diso no Libro dos Abrazos. Recoméndoo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último