José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) de Castilla la Mancha, na súa Sentencia 6/2026 de 8 de xaneiro, confirmou o recoñecemento da incapacidade permanente total dun conductor de camión que, tras verse afectado por unha patoloxía cardiopática, se viu na obriga de reconvertirse a tractorista, tra-la negativa da prestación por parte da Seguridade Social, ao seguir o traballador en activo.
No ano 2024, o traballador reclamou e o Xuzgado de instancia, o número 3 de Toledo, con sede el Talavera de la Reina, recoñeceu a prestación de incapacidade permanente no seu grao total a este traballador, para a profesión de conductor de camión, pero o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesorería Xeral da Seguridade Social, recurriron alegando que a profesión habitual que procedía valorar é a de tractorista e non a de conductor de camión, xa que o traballador, tendo en conta as limitacións que lle producía a súa cardiopatía, comezou ocasionalmente a exercer funcións de tractorista.
O traballador exerceu como conductor de camión, durante 17 anos, pero no momento en que tivo que renovar os permisos profesionáis, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), non autorizou a sua renovación debido á cardiopatía diagnosticada que impedía a conducción de vehículos pesados.
O conflicto surxe cando o traballador reclama que lle sexa recoñecida a incapacidade permanente para a sua profesión e a xustiza lle da a razón, recollendo no seu fallo, “Recoñécese ao traballador o estado de incapacidade permanente total para a profesión de condutor de camión
A patoloxía diagnosticada, miocardiopatía dilatada con disfunción ventricular severa, implica que o traballador sexa portador dun desfibrilador automático implantable (DAI) que imposibilita este tipo de conducción profesional, pero sí lle permite conservar os permisos B e B+E, menos esixentes, véndose o traballador “obrigado” para poder permanecer no mercado laboral, a desempeñar funcións como tractorista.
O conflicto surxe cando o traballador reclama que lle sexa recoñecida a incapacidade permanente para a sua profesión e a xustiza lle da a razón, recollendo no seu fallo, “Recoñécese ao traballador o estado de incapacidade permanente total para a profesión de condutor de camión, debido á súa condición de cardiomiopatía dilatada con desfibrilador automático implantado, que lle impide conducir vehículos profesionais. Descártase a súa actividade como condutor de tractor, iniciada debido ás súas limitacións físicas, por alterar a consideración da súa ocupación habitual. Para os efectos de incapacidade, a ocupación habitual é a que se exerce durante un período prolongado, non a ocupación residual á que se accede por limitacións físicas”.
A clave do fallo está en determinar cal era a profesión habitual do traballador. A Seguridade Social sostiña que era a profesión de tractorista, xa que era a profesión que desempeñaba tras non haber podido renovar os permisos profesionáis e non poder conducir camións, sen embargo, o Tribunal autonómico analiza toda a traxectoria profesional do traballador e conclúe que a súa profesión habitual é a que viña desempeñando dende o ano 2004 e a que desempeñou durante 17 anos, entendendo que a profesión de tractorista, é unha profesión residual á que accedeu debido a imposibilidade de conducir camións, tra-la pérdida das licenzas profesiónáis e ás limitacións producidas pola caridopatía.
A resolución consolida así a Doutrina segundo a cal o concepto de profesión habitual debe vincularse á traxectoria profesional real e prolongada do traballador, e non a ocupacións xurdidas por motivos de saúde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad