Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
¡BUONE VISIONI!
As películas sobre a Fórmula 1 e as carreiras de coches teñen unha longa tradición dentro da historia do cinema. Desde a gañadora do Óscar, Gran Prix (1966), pasando por Rush (2013) de Ron Howard ata chegar aos recentes biopics sobre Ayrton Senna ou Enzo Ferrari, os motores parecen seguir fascinando cineastas e espectadores. Mesmo podería dicirse polo último filme de Oliver Laxe, Sirat, que aínda non trate concretamente de motores, foi escrita, segundo o director: “Bailando cos ollos pechados imaxinando uns camións cruzando o deserto”.
Con F1: la película, o director especializado no cine de acción Joseph Kosinski, consegue elevar a velocidade e a adrenalina ao máximo nivel, co ruxido constante de motores de fondo e a testosterona como carburante.
A historia móvese arredor de dous campións que teñen que colaborar para levantar os resultados dunha escudaría ao borde do fracaso. Sonny Hayes, interpretado por Brad Pitt, foi o fenómeno máis prometedor da Fórmula 1 na década de 1990, ata que un accidente na pista acabou practicamente coa súa carreira. Trinta anos despois, o seu antigo compañeiro de equipo, Rubén Cervantes (Javier Bardem), convenceu a Sonny para volver á categoría reina do automobilismo e ter unha última oportunidade. O seu compañeiro, o novato Joshua Pearce, está decidido a impoñer o seu propio ritmo... A rivalidade entre os dous campións e as diferencias xeracionais entre eles – a esta relación hai que engadir unha liason romántica bastante convencional – son un engadido no filme. O espectáculo orquestrado por Kosinski na pista é o que verdadeiramente engancha o espectador á butaca. Kosinski é un apaixonado da F1 e isto nótase.
Quizais a superexposición do product placement resulte exaxerada como o constante ruído de motor, pero non hai que esquecer que F1: la película é un blockbuster
As historias que constrúe arredor son mais ben un pretexto para levarnos con entusiasmo de circuíto en circuíto, desde Monza a Abu Dhabi, sempre dentro a cabina do piloto ou nos boxes. Non é unha casualidade que Lewis Hamilton estea entre os produtores. Porque esta experiencia, ademais de gravarse en pista e sen efectos especiais, resulta entretida e divertida, máis real que un videoxogo 3D. O deseño de son é absolutamente incrible e xunto á banda sonora orixinal composta por Hans Zimmer – á cal engádense uns temas de artistas somo Ed Sheeran, Tate McRae ou Cris Stapleton, entre outros – fan que a película de acción de dúas horas e media resulte – aínda só por isto - sobrecolledora. A obsesión de Kosinski pola tecnoloxía reflíctese tanto na realización – encargou a Sony unha cámara en miniatura ultralixeira de calidade IMAX para montar sobre o coche de F1 – como na exposición en detalles de todos os fetiches mecánicos e de inxeñaría que rodean un circuíto.
Máis aló disto, a imaxe dun Brad Pitt algo envellecido resulta unha versión algo máis caricatural, pero igualmente persuasiva do personaxe de Cliff Booth visto en Érase una vez en... Hollywood (2019) de Tarantino. Os espectadores que creceron cos seus personaxes interpretados en El club de la lucha (1999) ou da saga de Ocean’s Eleven, só por citar uns títulos desa época, terán a nostálxica sensación de volver a abrazar un querido colega do pasado, cos seus achaques pero agarrado firmemente ao volante da vida.
Quizais a superexposición do product placement resulte exaxerada como o constante ruído de motor, pero non hai que esquecer que F1: la película é un blockbuster. Non será a mellor película de automobilismo da historia do cinema, pero sen dubida é a máis entretida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”