Luís Celeiro
TÍA MANUELA
De tanto falar, equivócanse
TÍA MANUELA
Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaranse quietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dos movementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na mesma beira do precipicio. Andarán os homes cos calcaños apertados, coas puntas erguidas e coa mirada fría mirando para o futuro e para o pasado, de esguello. Cando se pare o mundo, todos os arrastrados serán infelices, tan infelices como se non se parara nunca.
Elas e eles saben moi ben que o camiño, como case tódolos camiños, é longo, quebrado e abrupto. Vai e volve sen parar e sen permitir que se deteñan os que andan, sen permitir que o mundo se pare, a pesar das miradas e das enormes freadas daqueles que apertan o freo pensando no interese duns poucos. Diría a xefa da gobernanza, “pensando exclusivamente nos beneficios seus e nos bens dos seus”.
Cando se pare o mundo, para botalo a andar de novo cómpre unir tódalas mans
Cando se pare o mundo, para botalo a andar de novo cómpre unir tódalas mans, tódalas forzas e a intelixencia de todos; cómpre xuntar as miradas e mirar ao lonxe, mirar para a revolta e ver despois da revolta. Cómpre velo todo, interpretar o que se ve e, se é posible, mirar outra vez. O camiño é longo, pero é posible. Todas as mulleres do mundo e todos os homes do mundo serán quen de andalo, amodo e sen parar.
Sen parar, andan estes días os políticos, mellor dito, políticos e políticas. Non paran de falar e cando se atrancan, respiran e volven atrancarse. De tanto falar, ás veces, equivócanse e seguen tropezando, como saben que hai camiño aberto, seguen bourando, escondendo o que pensan, buscando argumentos e razoando. Eles, os profesionais que viven da política defenden o seu salario, o seu traballo e ao seu amo.
“Tiñan que defendernos a nós”, dicía Tiolindo do Río, pero non son quen de facelo e, por máis amor que oferten, non saben quen somos, “non saben se somos nós ou se somos aqueles”. Parece obvio que ninguén debe entender a política como instrumento para acadar o beneficio persoal. Pola contra, como di a Tía Manuela, debe comprender “aquelas accións certeiras e centradas no servizo á sociedade”, aínda que para Orwell, “en época de engano universal, a verdade sexa un acto revolucionario”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
De tanto falar, equivócanse
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El dóberman electoral
Sergio Otamendi
Todos los caminos de la paz conducen a Noruega
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Los riesgos de hacer de extra de cine por aquí
Lo último
PROBLEMA DE VIVIENDA
Las constructoras alertan de un alza del 34% en los costes
RESERVAS Y COMPRAS
Europa plantea limitar las exportaciones de materias primas críticas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 21 de octubre