Rafael Dávila Álvarez
Non plus ultra
O 27 de febreiro de 1933, en Berlín, un pavoroso incendio provocado intencionadamente destrúe a sede do Parlamento alemán, o “Reichstag”. Os nazis acusaron ós comunistas, foran alemáns ou estranxeiros. Cando a realidade é que o lume foi planeado e executado polos nazis, como unha operación de falsa bandeira. O resultado foi o poder absoluto do partido nazi, a execución do mozo neerlandés Marinus Van der Lubbe, e a absolución do secretario do KPD, George Demitrov, que fixo de una defensa excepcional o que imposibilitou a súa condena. O incendio foi o principal argumento que utilizaron os nazis para ilegalizar a comunistas e socialdemócratas e acadar Adolf Hitler o poder absoluto.
O 12 de decembro de 1969 un sangrente atentado na Piazza Fontana de Milán deixou dezasete mortos e oitenta e oito feridos. Os servicios de intelixencia italianos en estreita colaboración con espías norteamericanos, culparon a extrema esquerda, fundamentalmente ós anarquistas, sendo detido Giusenne Pinelli acusado de ser o autor do acto terrorista. Anos despois (2005) o Tribunal de Casación ditaminou que o atentado fora cometido por neofacistas do grupo “Ordine Nuovo”. A realidade é que os servicios secretos de occidente (RU e USA) despois da Segunda Guerra Mundial crearon unha rede, os británicos controlárona atraveso do Cuartel Xeral de Comunicación do Goberno (GCHQ9) e USA pola Axencia Nacional de Seguridade que organizou atentados culpando a países, gobernos, partidos políticos ou grupos sociais, que recibían o castigo co apoio da opinión pública.
USA e os seus aliados ( fundamentalmente o Reino Unido) provocaron o secuestro e posterior asasinato de Aldo Moro. Tratábase de evitar o “Compromiso Histórico”, pacto entre a Democracia Cristián Italiana e o PCI. Coa oposición de USA e da URSS culpouse ó grupo terrorista “Brigadas Roxas” dirixido polo periodista Renato Curcio, vinculado ós servicios de intelixencia occidentais. Colaboraron cos servicios de Intelixencia a mafia e o sinistro Giulio Andreotti, incombustible político o servicio da corrupción do Estado con vinculacións da rede Gladio.
Citamos algunhas das provocacións históricas que reforzaron o liderado mundial de EEUU, xustificando, bombardeos, delitos de guerra, cambios de réxime, e remataron con intervencións militares ao marxe da lei e baixo o epígrafe de “Falsa Bandera”.
España na guerra de Cuba foi acusada da destrución do acoirazado Maine, da Armada norteamericana, afundido por unha explosión no porto da Habana (15/02/ 1898), pretexto que motivou a declaración de guerra coa vitoria estadounidense, que se apoderou da illa caribeña despois dunha clara operación de Falsa Bandeira.
Tamén foi unha operación de Falsa Bandeira (2 de agosto de 1964) no golfo de Tonkín, onde a mariña de EEUU repeleu un ataque das lanchas patrulleiras de Vietnam. O incidente utilizouse para intensificar os bombardeos estadounidenses sobre Vietnam do Norte (Coordenadas 19º 42´ N- 106 º 46 E).
Destaca, a creación e control de grupos terroristas co fin de manipulalos e utilizalos, secretamente, para inclinar favorablemente a opinión pública cando se adopte unha decisión bélica ilegal. EEUU, por medio da CIA, fundou e financiou o terrorismo islámico, Al Qaeda dirixido polo millonario Bin Laden, coa finalidade de potenciar a derrota de Rusia na guerra de Afganistán. Presuntamente foi o instrumento do atentado do 11 de setembro das Torres Xemelas de New York. Ese atentado xustificou as guerras de Iraq e Afganistán coa morte de millóns de civís, e o fin da alianza dos árabes contra Israel, o control das inmensas reservas de petróleo de Iraq e a desaparición dos reexamines laicos de Siria, Iraq e máis tarde de Libia.
Que pensa un soldado israelita despois de asasinara friamente a nenos/as? É Yahvé, Jehová o YHWH o Benjamin Netanyahu a encarnación de Elohim e perdoaa o xenocidio do pobo Palestino?
Cando Netanyahu soubo a transcendencia dos acordos de Oslo asinados por Isaac Rabin (Israel), Yasser Arafat (OLP) e Bill Clinton (USA), conspirou ata o asasinato de Isaac Rabin, conseguiu acadar o poder, contando coa colaboración das mellores axencias de intelixencia do mundo o Mossad o Shin bet e AMAN (sumándolle a CIA e M15 M16 do RU). As axencias a pesares da eficacia demostrada en operacións de gran interese para o Estado Hebreo e para occidente, ignoraron os preparativos que o movemento terrorista Hamás organizaba para ferir, asasinar (1.195) e secuestrar (251) aplicación da directiva Aníbal (4).
Preguntas sen resposta: Quen financiou e creou o grupo Terrorista Hamás cando a OLP de Yasser Arafat negociaba a creación do Estado Palestino co goberno de Israel?
Quen paralizou a seguridade territorial de Israel, sen que os servicios de Intelixencia (os mellores do mundo) observaran movemento algún?
Quen organizou un festival de musica, en zona de alta tensión sen protección algunha?
Que pensa un soldado israelita despois de asasinara friamente a nenos/as? É Yahvé, Jehová o YHWH o Benjamin Netanyahu a encarnación de Elohim e perdoaa o xenocidio do pobo Palestino?
En que países ondearán as “falsas banderas”?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Rafael Dávila Álvarez
Non plus ultra
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Feijóo e Sánchez no espello extremeño
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A feira política
Manuel Orío
La tregua de Navidad
Lo último
300 MILLONES DE EUROS
Un despacho de abogados en Vigo investigado en la Operación Pamplinas Stars
BALANCE ANUAL DE VÍCTIMAS
El 2025 cierra con al menos 1.088 muertos en las carreteras españolas