Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Os discursos dos políticos son moi malos de entender. Hai quen pensa que están feitos para que non se comprendan, para non dicir nada, para dicir unha cousa e facer outra: a contraria, por exemplo. Falamos dos políticos e poderíamos falar das políticas, das que andan buscando a vida e o salario de alto nivel, daquelas que buscan e perseguen a renovación, pero non cambian nunca, suben, baixan e andan lixeiras, durante décadas, polas escadas, escanos e andares dos parlamentos, coa fixación posta no cambio, fundamentalmente no cambio que leva a unha mellora da casta. Aquí hai igualdade total entre eles e elas, non se percibe desigualdade de xénero, non, non.
A desigualdade está na cabeza, na razón e moitas veces pegada, mesmo arrimadiña, ao corazón, ao alento dos que viven da política e distante, poida que moi distante, dos que votan e pagan. Por certo, a cidadanía é quen sufraga os gastos da administración, dos funcionarios, das funcionarias e, logo, daquelas persoas que viven, traballen ou non, da política, de todos os que levan anos na procura de “arranxar o país”. Entre eses sacrificados loitadores, hai quen pensa que “o pais non ten amaño”.
Cantas persoas viven da política? Deputados, consultores, conselleiros, concelleiros, alcaldes, asesores, senadores, delegados, subdelegados, directores e secretarios xerais, presidentes de entidades públicas, vicepresidentes, amigos e inimigos con características comúns e/ou ben diferenciadas. Cantos serán? Serán moitos ou poucos? Non se sabe, depende de quen conte. Valedora do Pobo, Adxunta á Valedora, Secretario da Valedora e da Adxunta; conselleiros e conselleiras das distintas Áreas do Consello de Contas, do Consello Consultivo, do Consello Económico e Social, do Consello de Relacións Laborais e moitos presidentes ou directores doutros chiringuitos diversos, que falan por si sos. Son moitos ou son poucos?
Aí están os políticos (elas e eles) con todo o rigor necesario ou, polo menos, conveniente, mellorando os seus salarios, buscando alternativas e procurando remedios. Algunhas veces parece que cantan en gregoriano, fan e desfán continuadamente, como se estivesen xogando co pan de nosoutros, sabendo como saben que “onde hai fame non hai pan duro”. Bos días amigos lectores e felices novidades!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Román Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Consecuencias da difusión de contidos sensibles
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
A paisaxe, expresión de identidade e memoria
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Cosmetotextilería
Lo último
DIFERENTES ORÍGENES
El polen tiene calendario en Ourense: doce meses para doce alergias
PROBLEMA MÁS FRECUENTE
Los alérgicos se enfrentan a una primavera agresiva en Ourense tras un invierno muy lluvioso
NIVELES DE POLEN MUY ELEVADOS
La alergia primaveral: pacientes de riesgo, síntomas, tratamiento y cómo evitarla
ORDEN DE ALEJAMIENTO
Condenado un maltratador a trabajos comunitarios en Ourense