Julia Navarro
El pato cojo
¡BUONE VISIONI!
A primeira vez que vin en directo a Mägo de Oz foi en Lucena no 2002, durante a xira de “Finisterra/Fölktergeist”. Interesárame por eles polos temas galegos do concept album. E quedei moi impresionado polo concerto. Tiñan unha posta en escena espectacular, unha enerxía impresionante tocando unha mestura moi orixinal e potente de folk-metal en español. Dez anos despois, volvín a ver o grupo nas Festas da Peregrina de Pontevedra. Tiñan unha formación medio renovada. A actuación, admítoo, resultoume correcta. Sen máis. Incluso foi algo frouxa, pero eran anos que xa lle perdera a pista ao grupo. Hoxe estrease “Fiesta Pagäna”, dirixida por Álvaro Brechner, unha película que me fixo entender máis as reaccións tan distintas que tiven aos dous concertos.
Mägo de Oz foi por moito tempo – e segue séndoo – un dos grupos do heavy-rock español que tivo máis éxito a nivel internacional. Non foi o primeiro a mesturar melodías celtas e instrumentos tradicionais co metal, como se deixa entender na película. Pero, sí, foi o primeiro grupo de fala hispana que cabalgou o éxito dun xénero que na segunda metade dos noventa tivo o seu cénit.
Tanto a produción como a estrea do filme estiveron acompañados por polémicas internas ao grupo. Mägo de Oz, co seu líder e compositor Txus di Fellatio ao fronte, demandaron ás produtoras do proxecto. Ao principio parecía que a banda apoiara a realización pero logo se desvinculou – algo que ao igual, en parte, se pode entender despois de ver o filme. Así que hai un aviso para os fans: “Fiesta Pagäna” despreocúpase por ser moi rigorosa en canto aos acontecementos que acompañaron a carreira do grupo. É ficción pura a partir de datos reais. Relata os comezos da banda despois da departida do primeiro cantante, Juamna Lobón, ata a xira de “Gaia II”. Os protagonistas son principalmente o xa citado líder e compositor do grupo, interpretado magnificamente por Adrián Lastra, o cantante José Andrëa (Adrià Mondaray), ademáis do discográfico Goyo (Antonio Dechent), o manager de Warner (Eduardo Velasco) e o produtor musical Big Simon (Roberto Álamo), este último tamén voz en off narradora.
Máis aló destas polémicas, o filme resulta bastante logrado dentro do xénero dos biopics musicais ao igual que entretido. Por outro lado – creo que é unha gran falta - non hai case referencias á xénese e das letras ou das composicións. “Fiesta Pagäna” céntrase máis nas problemáticas de convivencia internas entre os varios membros do grupo - contadas con bastante veracidade - ou no relato das anécdotas relacionadas sobre todo coas xiras. O filme ten como referente principal, tanto no estilo como na narración, a “The Dirt” (2019) de Jeff Tremaine, o biopic de Netflix sobre Mötley Crüe. Tamén colecciona unha infinidade de tópicos sobre o metal - por momentos semella a “Así es Spinal Tap” (1984) de Rob Reiner. En realidade “Fiesta Pagäna” non pretende ser unha parodia sobre o mundo do heavy metal español, pero paréceo bastante. Quizais as escenas máis logradas do filme - ademais da descrición do clima que se respira nas xiras - son as da gravación con Simón Echevarría Romero, o histórico produtor musical coñecido máis ben como Big Simon, un gran profesional que colaborou con artistas como Joaquín Sabina, Amaral, Celtas Cortos ou Alejandro Sanz, entre outros. Son as poucas secuencias onde se fala verdadeiramente de música fora dos tópicos, de slogan e retrousos.
Unha mágoa que a banda non quixera colaborar na película e que moitos dos seus protagonistas quedaran en simples cameos. Ao igual houbese aportado algo importante o ilustrador Gaboni, famoso por plasmar o universo de Mägo de Oz en imaxes. Por cuestións que van máis aló do artístico, esta película acaba reflectindo unha imaxe non conforme a todos. Pode ser que facer un biopic musical que poña de acordo a todo o mundo sexa como pretender que nunha banda de rock’n roll de éxito non haxa nunca problemas. É como loitar contra “molinos de viento” Así que, á vista dun resultado bastante digno, “toca ser feliz”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Julia Navarro
El pato cojo
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Fiesta Pagäna”
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Una huelga preventiva en general
Lalo Pavón
O AFIADOR
Fidelidade ás siglas
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
LA REVISTA
La playlist de... Elefantes