José Ángel Vázquez Barquero
Más poder local, mayor descentralización del Estado
PINGAS DE ORBALLO
Pecho os ollos. Así vexo con maior claridade. Penso, non na morte da becerra, senón na peseta. Á miña nai chamábanlle A Peseta. Eu, ó principio, pensei que seriamos ricos, pero axiña vin que andar detrás de tres vacas e un burro non era ningunha riqueza. Despois, pouco a pouco, fun sabendo o significado real do alcume de miña nai.
Seica era “lixeira de cascos”. Nin sequera unha bailanacriba, senón que, ó parecer, lle fervía a peseta. Aí foi cando realmente empecei a entender o auténtico sentido do seu alcume. A partir de aí mirábaa e... pobre, dábame pena. Xa estaba velliña, a pesar de que, por idade, aínda non alcanzase esa categoría de madurez; pero o traballo do campo e, agora imaxino, o outro “traballo”, fórona murchando, mirrando, secando.
Eu chámome Gumersindo... para acabar de rematala!
En realidade, miña nai chámase Gumersinda Sotelo Castro e é filla da Conacha. Xa para rematala! Quizais entón non fose cousa de mamá ser lixeira de cascos; quizais lle viñese o “asunto” de herdanza, de sangue. Agora mesmo, cos ollos pechados, non me queda outra que compadecerme das dúas. Vou poñer a escusa dos tempos duros, dos tempos da miseria, do malvivir e das defensas que cada quen tiña que levar a cabo como mellor soubese ou puidese.
Eu chámome Gumersindo... para acabar de rematala! No carné de identidade, pero para a veciñanza e mesmo para toda a contorna, son O Fillo da Peseta (menos mal que non me chaman O Can). Teño dezasete anos. Mañá cumpro os dezaoito e xa lle dixen á miña nai que marcharía. Para onde non sei, pero non quero seguir sendo O Fillo da Peseta. Polo significado da mesma. Abro os ollos e non vexo un carallo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 26 de mayo
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura