Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Empecemos polo principio. Hamás, un grupo potenciado no seu día pola dereita israelí para oporse á corrupta Autoridade Nacional Palestina e frear os avances no camiño da hipotética solución dos dous estados converteuse na organización terrorista que todos coñecemos e, como tal, é definida polas leis dos países occidentais. Si. Hai que ter moito coidado con quen se potencia. E isto vale tanto para USA con Bin Laden, como para o PSOE con Vox ou Podemos. Pois pode que o potenciado acabe por ser o verdugo do potenciador. O caso é que a ultraesquerda europea é especialmente inxenua no que se refire á análise do mundo. De vello. Polo menos desde que o Partido Comunista Francés apoiou o reparto de Polonia entre a URSS e a Alemaña nazi en 1939. E algo diso está na raíz emocional do problema. As xentes de boa memoria, lembran como no secuestro do avión que acabou en Entebe, Uganda, en 1976, participou un grupo terrorista alemán -Células Combatentes- xunto coa Frente Popular para a Liberación de Palestina. Alí separaron a xudeus -non só a israelís- dos demais e neles centraron a presión. Un vello supervivente do holocausto ensinoulle a un dos alemáns o seu número do campo de concentración tatuado no brazo e o tal exclamou “Eu non son nazi! Son idealista”. O vello, se cadra, sorriu con amargura da inxenuidade do seu secuestrador. Ao final resolveuse todo bastante ben, cos reféns liberados e só un morto da parte israelí: Yonatan Netanyahu, o comandante da operación e irmancísimo querido do presidente actual. Nunca o esqueceu. E así, as complicidades inxenuas da ultraesquerda de occidente ou do Xapón (masacre do aeroporto de Lod, 1972) non sorprenden en Israel. Como a flotilla.
Ao final resolveuse todo bastante ben, cos reféns liberados e só un morto da parte israelí: Yonatan Netanyahu, o comandante da operación e irmancísimo querido do presidente actual.
Obviamente nin Hamás nin a Yihad operan en Europa con estes nomes. Teñen unha infraestrutura legal con moitos cartos -sexan de Irán, Qatar ou propios- que se encarga da montaxe e preparación de actividades (contactos, propaganda, manifestacións, charlas, xiras flotillas...) e, sobre todo, na exitosa potenciación dun relato propio apoiado na natural tendencia humana á situarse de parte do que máis sofre, nos erros da brutal xestión do tema por parte do goberno de Israel, no latente antisemitismo horizontal de raíz paleocatólica, franquista ou stalinista, e no despiste ideolóxico militante, froito da desaparición da referencia soviética.
Con motivo da interceptación da flotilla fíxose pública e documentada graficamente por parte do goberno de Israel, a relación entre os impulsores palestinos da flotilla -Zaher Birawi, o principal, e entre outros, Saíf Abu Keshek -o CEO de Cyber Neptune, empresa fantasma radicada en Barcelona, propietaria de moitos barcos desta excursión- e a dirección de Hamás. Ten visos de ser certo.
É obvio que nunca foi obxecto da flotilla “levar axuda a Gaza” senón promocionar o seu relato a través da interceptación esperada de Israel. O ridículo do goberno español mandando un barco de guerra para protexer “si pero non” -e non podía ser doutro xeito- a flotilla, é máis evidente, como salientaba a prensa europea, por contraste á súa falla de compromiso na coalición que defende o paso de mercadorías polo Mar Vermello contra o terrorismo hutí. Pedro Sánchez fuxindo cara adiante non calcula ben o que o seu proceder pode traer. As repetidas felicitacións directas de Hamás, dos Hutis e dos Talibáns pola súa posición no conflito (recollidas na prensa española os días 25-11-23, 24-12-23, 24-05-24, 6-06-24, 8-09-25, 24-09-25) non pasan desapercibidas nas chancelerías de occidente. Hoxe pode aplaudir o plan dos 20 puntos de Trump co máximo respaldo, incluídos os países islámicos, tal como onte aplaudiu o boicot á Volta. Parece que tanto lle ten. En fin, España debe volver ao rego común occidental e deixar extremismos insensatos. Toca intentalo, voltas dá a vida, da man de Trump. Fóra, chove.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Lo último
HORARIOS ELIMINADOS
Deputados do PP esixen recuperar paradas do AVE na Gudiña este xaneiro
Tercer premio del Ministerio de Educación
Premio Nacional de Lectura para el CEIP Manuel Sueiro
MÚSICA E BAILE POPULARES
O Festival Rebulir cumpre 20 anos como garante de cultura e tradición