Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
¿Florentino, o más bien Tino, el de la tasca?
ARTE ET ALIA
Lembramos telas visto en Ourense noutra expo de fondo alento, mais desta volta, Paloma Vela, a comisaria, reúne pinturas con algunha instalación escultórica, caso dos tres peones, 2000, de Carlos Rial (n.1969), baixo un concepto arredor da casa, a domus latina, de onde Doméstica, título que, a modo de paraugas, ábrese para tentar construír baixo del, e con elas, un silente diálogo plástico nos dous pisos das salas que ten Abanca para a súa división cultural Afundación. Esta, como é coñecido, fíxose arredor dos fondos artísticos herdados das distintas caixas de aforro galegas que converxeron desta entidade bancaria, engadindo algunha compra máis... El objeto contemporáneo é o subtítulo para esta mostra que abrangue un arco temporal dende 1934 a 2008, e que, malia non dispor de folleto de sala ou pdf -eiva notable nestes tempos-, dá conta do plan expositivo lato senso na web, adaptado segundo a cidade. Hai naturezas mortas tradicionais como a de Quessada (+2016) cando firmaba en 1957 Quesada Porto, ou o óleo metafórico de Quintana Martelo (n.1946), dedicado a Danae, 1995, que preside a sala principal, aínda que semella o lugar ideal para as luminosas Japonesas, 1955, de Arturo Souto (1902-1964), media vida exiliado en México D.F., onde morre. Con elas, bodegón con bandexa, 1950, de Carmen Rodríguez de Legísima, nada no pazo de Lousado, Loeda/Piñor, 1896, viviu en Vigo, onde falece en 1980, sendo enterrada no berce natal. Dela deixou escrito Lafuente Ferrari que foi a Solana feminina. Foi especialista tamén no retrato, un excurso con licencia para unha conveciña, hoxe case descoñecida da bisbarra natal. Na mesma sala, Perianes (Ourense,1974), coa coñecida obra sen título de 2007 na que semella que os insectos devoran o soporte de madeira, con frores de xardín pintadas, acrílico e arxila. Un xogo dende as seccións obxectos na mesa, naturezas de interior, mirada fragmentada, paredes pintadas, luces de cristal e metáfora do obxecto.
Foi especialista tamén no retrato, un excurso con licencia para unha conveciña, hoxe case descoñecida da bisbarra natal.
Hai nos dous andares obras de Lamazares (Lalín 1954), Llorens (+1948), Maside (+1958) e Elena Gago (+2011), Segura Torrella (+2000), María Victoria de la Fuente (+2009), Seoane (+1979) ou Rafael Alonso (+1995). No soto, o alaricano Xurxo Oro Claro (n. Loeda, 1955) con Esquís 3000, 1998, vidro e aceiro inoxidable, crea a ilusión dunha vida con lixeireza, sobre a neve invernal, pegadas lixeiras na liña de “glissez, mortals, n’appuyez pas”, de Pierre-Charles Roy, do XVIII. Preto del Lois Corvera (n.1962), con Terra, Terra, III, 1997. Case no fondo, Xesús Carballido (Carballiño,1954) e Seica 454 (Delli consa en caixa con futbolista ben tranquilo), escultura en madeira, unha desas estanterías de carpinteiro para puntas e brochas. E no espazo-fin Luís Loureiro, de Sedes, Narón /A Coruña (n.1943) que foi delineante en Astano/Navantia, coa homenaxe a Giorgio Morandi III, 2005, en madeira; fronte da que está un Alcántara (+2002) de 1991, a pintura dun andel de libraría cheo de mans e varios obxectos en espazos tridimensionais. Deixamos a mostra co arume da linguaxe da memoria, 1999, de Caxigueiro (Daniel Río Ruibal, Mondoñedo, 1956), escultura dun libro pechado e furado con intencionalidade dende a simetría, sobre un atril. O 17 foi o Día das Letras Galegas de Begoña Caamaño...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
¿Florentino, o más bien Tino, el de la tasca?
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Fondos de Afundación coa casa como centro
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
Galicia y la renta 2025, claves que conviene revisar
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
La orina chivata
Lo último
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Galería | Ourense, unha provincia a prol da lingua
HOMENAXE ÁS TRADICIÓNS
Vilanova dos Infantes vive o orgullo galego no Día das Letras Galegas