A forza das persoas boas

Publicado: 26 ene 2025 - 14:42

Quixo o azar que en pouco máis de vintecatro horas se nos fosen tres ourensáns de pro: Xosé Manuel Piñeiro, Cándido Soria e Bruno Fuentes. Os tres destacaron pola xenerosa implicación na comunidade, referentes cada un no seu ámbito, aportando o mellor de sí mesmos. Viviron como pensaron, pondo o norte no servicio aos demáis. Díxoo Manolo Rodicio na soberbia homilía de despedida ao seu amigo Piñeiro, acaída tamén para os outros dous, tal vez porque os bos e xenerosos mídense por un patrón común.

A súa ausencia irá máis alá do físico, pois quenes manexan as cuestións nas que estaba implicado botarán en falta as suas relfexións

Cándido adicou a sua vida ao mundo da avogacía, contemplada como unha ferramenta para acadar a concordia ata onde fose posible. Dentro dese labor, recoñecido dentro e fóra da profesión, tuvo un papel destacadísimo na defensa dos intereses xerais e no apoio persoal e profesional a colectivos e asociación que traballan na defensa do medio ambiente dende distintas perspectivas. A sua ausencia irá máis alá do físico, pois quenes manexan as cuestións nas que estaba implicado botarán en falta as suas relfexións, consellos e coñecementos adobados coa sua condición de boa xente, sempre disposto a botar unha man onde o seu concurso fose útil na procura dun mundo mellor.

Cando se lle pide a alumnos, compañeiros, discípulos ou amigos de Bruno Fuentes que o definan, bástanlles apenas duas palabras: honestidade e coherencia. Con ese norte manexouse con porte erguido polo seu denso e intenso vivir. Cura, profesor, intelectual brillante (foi reclamado como conferenciante dende distintos foros e lugares de España), músico ou barítono de portentosa voz, envexada e admirada por expertos e amantes da música, entre outras cousas. Como sacerdote ostentou responsbilidades dende xove e cando chegou a idade na que a maioría aspira a recoñecementos e incenso, mandou parar, e foise para A Carballeira como humilde párroco de xente traballadora, orgulloso de compartir pesares e anhelos dende a serenidade e calma que nunca abandonaba. Na despedida dos seus, tantos, descansaban os restos no cadaleito flanqueado por duas candeas, sen máis; agardaba a última viaxe adornado únicamente ca sua honestidade e coherencia.

Contenido patrocinado

stats