Luís Celeiro
TÍA MANUELA
A forza dos votos
TÍA MANUELA
Si, sen máis, tronzáronlle o camiño, como quen tronza unha torada, unha desas toradas de carballo centenario, cos seus varelos ergueitos, igual que as pólas dos castiñeiros sombríos. Cortáronlle a mirada e eles miraron para outro lado. Moitos fano para non ver o que hai que ver o que hai de lado. Así anda o mundo, cadaquén mirando, escoitando e aplaudindo o que se transmite a través das consignas da mentira, a través dos medios dos que dispoñen aqueles que pretenden enlodar o ambiente, as relacións, as xustificacións, por xustas que sexan.
Todo está resolto e non se resolveu nada. Quen acorda? E, quen decide? Non hai moito tempo, menos de trinta anos, nunha institución académica (con máis de catro mil traballadores daquela) a un funcionario eficiente en todo, traballador e, ao parecer, competente no seu posto de conserxe, chamárano para ser liberado do sindicato ao que pertencía. Empurrado pola súa condición de servizo aos colegas, aceptou o posto e foise laborear para o sindicato.
Inmediatamente ponse en marcha o mecanismo establecido para contratar a un conserxe substituto. Todo foi ben, correcto e conforme ás normas establecidas e aprobadas con anterioridade. Gaña a praza e comeza a traballar o substituto (no tribunal, conforme a ordenación legal, estaba o substituído en representación e nomeado pola parte sindical). Todos contentos, pero decontado este substituto atende a chamada do mesmo sindicato para cubrir outra praza vacante de liberado (un posto cualificado para atender as ordes do sindicato). Todo correcto e seguimos.
Aproximadamente, aos tres meses, ao sindicato cómprelle outro liberado e chaman a substituta do substituto. Unha muller traballadora, elegante na vestimenta, arrogante no seu parecer (ser), pero fiel compañeira e amiga dos que lideraban a organización e de moita xente que estaba refrescando a memoria. Foi substituída por outra que, aos dous días de tomar posesión, preséntase ás elección para ser representante dos traballadores e traballadoras no Claustro Universitario. Desta vez non, non foi elixida.
Á súa candidatura interrompeulle o camiño a forza dos votos, “dos votos subsidiados daqueles traballadores fielmente domesticados e absolutamente insolidarios”. Aí está, como di a Tía Manuela, “o falar non ten cancelas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
A forza dos votos
Jenaro Castro
Morriña.com
Pecados de verano
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
España no entiende de tratados
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Morir bailando
Lo último