Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
O devir da acción política sempre deixou frases que pasaran á historia non só polo que nelas se di se non polo que agochan e tamén polo que se intúe despois de escoitalas. Son frases moi pequenas mais levan dentro moita intencionalidade, incluso chaman e animan á loitar contra o que se considera un mal goberno como hoxe acontece.
Supoño que moitos galegos lembraran unhas poucas, e xa que hai 50 anos da morte do ditador acórdome daquela que dicía: “todo queda atado y bien atado”. Tamén lembro outras que me veñen á memoria despois de que saíra á luz a sentencia contra o Fiscal Xeral do Estado. Citarei algunhas: a primeira é a do Senador Iglesias Corral cando foi a revolta contra o presidente da Xunta Fernandez Albor. Pois dixo: Aquí pasou o que pasou... Logo, achegándonos á realidade política do momento hai dúas que axudaron a incendiar o tempo no que a bipolarización política é moi evidente. “El que pueda hacer que haga” dixo o enfurruñado señor Aznar. E a outra: “El caso va pa lante”, referíndose ó fiscal Xeral agora condenado pola filtración de datos persoais dun presunto delincuente. Polo que estes ditos hoxe teñen moita actualidade e axudan a que reflexionemos sobor do que se di por certas persoas. Por iso falarei de todos un pouco.
Ben sei que son frases que pasaran á historia dun pais onde non se fala e pola contra bérrase
A primeira cita, a de todo queda atado e ben atado, que ía acompañada do testamento de Franco, deixa ás claras que a intención de Franco era que o seu legado e os seus principios do movemento perdurasen no tempo. Non foi así, pois o rei que xurou eses principios, e un falanxista como Suarez mandaron esas leis ó caixón das lembranzas, aínda que hoxe, algúns desmemoriados que non viviron a ditadura, as reivindiquen. A frase do señor Iglesias Corral, soamente aspiraba a que se esquecese o que pasara na Xunta que presidía o señor Albor. Pois segundo se di o cargo íalle moi longo. E por iso veu aquela posta en escena de varios dos seus conselleiros e o goberno posterior que durou dous anos. As outras dúas frases que sinalo deixan un arrecendo que cualificaría de axitadoras dos que tiveron poder. Pois animan á xente que actue contra ó goberno actual. Aznar co seu chamamento á rebelión contra un goberno que, segundo algúns dirixentes populares, nunca debeu existir, daba un importante salto na escalada da confrontación política. E a derradeira que citei, dita por ese señor de pelo branco que intúe o que vai a pasar e inventa trolas, deixa ás claras a conivencia con algúns sectores da xustiza que hoxe están nas esferas do poder xudicial. Pois aínda que non o pareza o que dixo e vaticinou foi o que saíu. E aínda que o asunto ten miga e veremos como remata dentro dun tempo, esa maneira de actuar agocha que existen conexións cos que ditan sentencias.
Ben sei que son frases que pasaran á historia dun pais onde non se fala e pola contra bérrase. Non se dialoga e ós adversarios políticos chámaselle inimigos. Un pais onde o monopolio do que é España so o ten unha parte. A outra metade son antiespañois que lle queren mal a esta terra, que pensan diferente e que non se pode falar con eles. Que tempo nos tocou vivir. Que tempo se aveciña onde as ideas máis retrogradas campan e os que se consideran españois de pura cepa préganse diante o señor Trump e a súa maneira de ver e mandar no mundo.
Sempre se dixo que falar entre adversarios é positivo, máis hai momentos que, cando os que queren acabar coa democracia se agochan falándonos de que neste país goberna un autócrata e un ditador, chegou o momento de coidar e defender a liberdade. E iso é o que hoxe está en xogo. Polo que coidado coas frases que van cargadas con moita retranca e intencionalidade antidemocrática como algunha das que sinalei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Confusión y relato
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sempre respectable
Rosendo Luis Fernández
La provincia de Ourense en Fitur
Lo último
FINANCIACIÓN EUROPEA
Bruselas, abierta al envío de 90.000 millones para Ucrania
ENCUENTRO GASTRONÓMICO
La androlla será la reina de Viana el Domingo Gordo
TRACTOR 4X4
Carballeda priorizará la prevención de incendios