Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El chalecito anónimo de Marcelo Macías
Falar fala calquera (incluso, calquera escribe) pero deixar de fumar é moi difícil para moita xente. Moitos e moitas queren mellor morrer e morren. Segundo os datos estatísticos o tabaco é causante dun importante porcentaxe das mortes que se producen no mundo rico, aínda que, ao parecer, os grupos socioeconómicos máis baixos fuman máis. Outra vez estamos no mesmo: O can fraco todo é carrachas. O refrán non falla aquí tampouco, xa a Real Academia Galega di que o refrán é “frase curta de forma fixa coa que se expresa un pensamento popular baseado na experiencia”. E, que pasa coa experiencia tan negativa das persoas fumadoras, das fillas e fillos destas fumadoras, dos que andan no tabaco e non son quen de retirarse?
“De algo hai que morrer” como canta o chileno Diego Lorenzini, dándolle forma e vida a un magnífico cancioneiro que fuxe do carril tradicional. Pero o tabaco é quen de matar e mata. Os datos son horrorosos: no Estado Español, no período dun ano, morren 25.000 persoas de cancro, por fumar, e outras tantas morren de enfermidades cardiovasculares e respiratorias, tamén por fumar. Ignacio Muñoz Pidal, presidente da “Asociación Española Contra el Cáncer (AECC)”, aportaba e analizaba estes datos nun artigo publicado recentemente, no que indica que 136 persoas morren cada día por mor do tabaco.
Non se pode seguir calados fronte a tal calamidade, non se debe permitir que as arcas do Estado recaden impostos pagados con tanta dor e tanto suor, envoltos con tanto sufrimento e tanto sacrificio. Cómpre facer un alto, outear o futuro, deixar o tabaco e seguir no gozo de vivir, convertendo todos os días de tódolos anos en tempo sen tabaco, pese a quen pese. Os que mandan, os gobernos e a ciencia teñen que deseñar estratexias que axuden a protexer á cidadanía dos prexuízos que causa o tabaquismo, esa enorme pandemia mundial que non para.
Aínda así, a Organización Mundial da Saúde (OMS) achega algúns datos de esperanza. Segundo o último dos seus informes mundiais, o número total de consumidores de tabaco pasou de 1.397.000 millóns no ano 2000 a 1.337.000 millóns en 2018. Os homes fumadores seguen sendo numericamente máis que as mulleres. A Tía Manuela xa o dicía, “noutras épocas, fumaban as señoritas. As mulleres, non, non!”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El chalecito anónimo de Marcelo Macías
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los zorros y ese Auria que también existe
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
El petróleo de Venezuela
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Paz