Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
O AFIADOR
O alcalde quere mandar ao exilio comercial aos titulares dos postos da praza de abastos número 1, provisionalmente instalados dende hai anos na Alameda, mentras se rehabilitaba o vello edificio que os acolleu durante décadas, pero que aínda está lonxe de que rematen as obras cando se cumpren por esta época seis anos da adxudicación das mesmas, que tuvo lugar en novembro de 2019. As condicións do contrato establecían que debería estar listo no prazo de 18 meses, ou sexa, teoricamente, a mediados de 2021. Xustamente o 14 de xuño de ese ano, este xornal anunciaba que as obras do complexo ían “collendo ritmo” pero non estarían rematadas ata febrero do ano seguinte.
A historia do ocorrido sobre o particular nese lapso de tempo xa a coñece vostede perfectamente, amable lector, con episodios incomprensibles. Tanto, como que nada de elo teña consecuencias para os xestores do proxecto: como dilacións no tempo, perda de subvencións millonarias ou dar por rematadas as obras deixándoas a medias para a sua posta en funcionamento (so ten a estrutura e o piso, co resto totalmente diáfano; por non ter, non ten nin ascensor); tanto, tamén, que restan por investir uns dous millóns de euros para que elo sexa posible. Tanto, igualmene, que aparecendo ese diñeiro imprescindible, aportado pola Xunta, Deputación e os propios praceiros e, polo tanto, suficientes para deixala lista para funcionar sin que o Concello poña un chavo na operación, este rexeite tal oferta e retruque cunha orde da xunta de goberno dando 30 días de prazo para que collan os tarecos e deixen libres as instalacións da Alameda.
A historia do ocorrido sobre o particular nese lapso de tempo xa a coñece vostede perfectamente, amable lector, con episodios incomprensibles. Tanto, como que nada de elo teña consecuencias para os xestores do proxecto: como dilacións no tempo, perda de subvencións millonarias ou dar por rematadas as obras deixándoas a medias para a sua posta en funcionamento
Se tal cousa se levara a cabo -a ollos de profano parece imposible- descoñécese cal é o obxectivo de desaloxo que faga desaparecer aos praceiros da Alameda (sendo discutible no seu momento o emprazamento alternativo que se lles buscou mentras duraban as obras), a non ser que ese empeño teña que ver cun proxecto alternativo de uso para o edificio, que faga imprescindible a diafaneidade actual, para dedicalo a outro uso alonxado da tradicional multixestión do recinto.
Os afectados, por boca do seu presidente, son rotundos e din que todo se xogará nos tribunais e, paralelamente, instan a oposición municipal a tomar cartas no asunto -unha moción de censura contra o alcalde- para resolver esta e moitas outras eivas. Sería a fórmula máis rápida e coherente, pero visto o visto en dous anos e medio, pedir que se poñan de acordo os tres grupos da oposición e os dezasete concelleiros que a compoñen resulta dunha candidez infantil moi alonxada da realidade, esa que o alcalde manexa con pases de tauromaquia como quen toma café.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense