Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
PENSAR POR PENSAR
A Unión Europea conta con vinte e catro linguas oficiais, incorporadas ao seu funcionamento ao longo do proceso de adhesión dos países membros. Aínda que non existen requisitos formais para a incorporación dun idioma, o plurilingüismo é unha riqueza da que se gaba a configuración da Europa contemporánea. Os Estados membros poden propoñer calquera das linguas oficiais faladas nos seus territorios e é o Consello da UE quen decide por unanimidade incorporar ou denegar unha nova. Esta semana asistimos á decepción ante o proceso de pararlle os pés ás tres linguas cooficiais de España, isto é, catalán, eúscaro e galego. Razóns? Discusións bizantinas e políticas miserables de manga curta. E, sobre todo, o desexo de losquear ao goberno de Pedro Sánchez cunha pírrica e absurda derrota. Quen gañou con este parón da iniciativa? Ninguén.
Este paso, ao minusvalorar a cultura de Galicia, de onde procede e airea como suposta base dos seus éxitos políticos, colócao no taboleiro dos apátridas por moi españois que nos consideremos toda a cidadanía galega
Unha das esixencias de Junts para votar a investidura de Pedro Sánchez en 2023 foi a de levar ao Parlamento europeo a proposta de inclusión do catalán como lingua oficial da UE e, polo tanto, o engadido dos outros dous idiomas autonómicos. Nesa orixe da iniciativa baseou o PP a súa posición a que, polo que nos corresponde, impedir que a lingua que sustenta á cultura galega sexa oficial en Europa. A iso engaden presuntas cuestións económicas que en nada prexudican aos orzamentos da Xunta. A actuación, por tanto, de Alberto Núñez Feijóo, movendo cara ao veto os fíos dos seus correlixionarios europeos, coloca ao líder dos Peares no podio do incomprensible. Aínda que é ben certo que ao longo dos anos como presidente de Galicia as súas políticas a favor do galego camiñaron sempre a pé manco. Desde o inicio, sumando os seus intereses electorais á asociación Galicia Bilingüe, xa transmitiu unha nova imaxe contraposta ao PPdeG de Manuel Fraga. O patrón da dereita lograra unha simbiose respectuosa coa cultura galega, un pragmatismo de home de Estado capaz de tourear o presente sen cortarlle as ás ao futuro. Con todo Núnez Feijóo entrou na presidencia regateando en curto e sementando o descontento tanto nos ámbitos culturais como nos territorios da educación. Ao falar en galego non parece facelo por convicción senón por prescrición facultativa da imaxe pública. O paso seguinte foi inventar o sucedáneo do “bilingüismo cordial”, un puro trampantollo que esta semana rematou por desintegrarse.
Que lle achega ao galego ser lingua oficial da UE? Na práctica cotiá nada importante. No simbólico e de proxección cultural internacional nivélao coas outras vinte e catro linguas do proxecto europeo en pé de igualdade, dentro do espazo que lle corresponde como vehículo dunha cultura histórica con identidade propia e singular. Non é banal.
As políticas erráticas de Feijóo desde a súa toma de posesión como xefe opositor non teñen parangón. Este paso, ao minusvalorar a cultura de Galicia, de onde procede e airea como suposta base dos seus éxitos políticos, colócao no taboleiro dos apátridas por moi españois que nos consideremos toda a cidadanía galega. Tirou pedras contra o seu tellado que, no espectro do identidario, caerán sobre a súa cabeza. Ademais, no puramente político estatal queima as poucas naves, que aínda puidesen quedarlle no porto, á hora de pactar con Junts unha hipotética entrada na Moncloa. Se hoxe Feijóo non pode presentar unha moción de censura contra Pedro Sánchez é porque os partidos nacionalistas de dereita, PNV e Junts, desconfían das súas políticas centralizadoras como demostrou coa posición contra os intereses do eúscaro, do catalán (máis valenciano e mallorquino) e mesmo contra o galego propio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 4 de febrero, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 4 de febrero