Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
A Xunta do Reino de Galicia constituíu a representación do Reino de Galicia dende 1528 ata a reforma liberal do Estado no 1833. Foi un organismo colectivo formado por deputados que se reunían para tratar asuntos relacionados co conxunto do Reino.
Galicia perdeu a posibilidade de ter voto nas Cortes da Coroa de Castela, e foi a cidade de Zamora a que falou por ela case que trescentos anos, dende mediados do século XV ata o 1623. Esa situación rematará pola intervención de dous insignes galegos, o Conde de Lemos e o Conde de Gondomar, que tras o pago de 100.000 ducados conseguiron que Galicia recuperase o voto nas Cortes. Porén o esforzo foi simbólico, xa que era unha época na que as Cortes tiveron un papel escaso ou case nulo.
A Xunta, de calquera xeito, mantivo unha posición pouco reivindicativa, como consecuencia de que na súa composición social predominaban individuos pertencentes á pequena nobreza provincial e ás oligarquías urbanas. É dicir, elementos da fidalguía intermediaria. Non pertencían a ela a aristocracia nin a igrexa, porque o seus intereses estaban directamente na Corte, e para o único que lles importaba Galicia era para recibir os foros a través dos seus administradores. Eles vivían na Corte, non en Galicia.
Na guerra de sucesión do 1705, Cataluña opúxose ao Borbón. Máis que pola defensa dos foros, para servir aos intereses da elite comerciante catalá, desexosa de promover a Barcelona como a capital dos negocios de España, centro de comercio libre, unha nova metrópole de comercio colonial e de iniciativas económicas. Non procuraban a secesión de Cataluña nin o desmembramento de España; ao contrario, loitaban por incorporar o modelo catalán nunha España unida e liberada do dominio da Francia.
Ao seren derrotados os cataláns polas tropas borbónicas, comandadas polo duque de Berwick, o 11 de setembro do 1714, supuxo que o 16 de xaneiro do 1716, Felipe V ditase para Cataluña un dos chamados “Decretos de Nueva Planta”, que levaba aparellada unha serie de medidas represoras para os instigadores da oposición.
Este feito vai beneficiar a Galicia, como consecuencia da fuxida de industriais e comerciantes cataláns á nosa terra, aparecendo nomes como os Romaní, Portals, Roura, Itllas, Boris Gelabert, Massó, Curvera, Molíns, Sensat, Alfageme, Portantet e, sobre todo, Barreras. Eses cataláns e outros máis, todos eles fuxidos de Cataluña e do furor de Felipe V, van dar un pulo á industria e ao comercio galego e, xa que logo, á economía galega. De aí que se chegue a nomear ao século XVIII, o século de ouro de Galicia.
Na actualidade Galicia non ten que a queira. As clases dirixentes só pensan en Madrid. Galicia é mera catapulta, e cando chegan a Madrid, non se preocupan de como a deixan, en constante declive, económico, social e cultural. Os galegos temos que erguernos dunha vez. Ou mudamos isto, ou non sei onde imos parar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”