Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre la capacidad de ver
PINGAS DE ORBALLO
Acabo de chegar de Ourense. Á Venecia ourensá, é dicir, ó Parque Ansuíña, en Baños de Molgas. E se onte a eclipse que aconteceu no noso país foi un espectáculo, esta terraza do parque, na que sobre unha das súas mesas descansa unha cunca de café, é unha marabilla. Que digo unha marabilla... gloria bendita, pura éxtase!
Vexo como a rapazada se baña na piscina. Vexo como as follas dos amieiros e dos carballos realizan unha danza aireada, a pesar dos 36 graos que marca o meu reloxo. Noto como o aire se me mete por debaixo da camiseta e me alivia os sobacos, as axilas. Escoito algún que outro paxaro cantar. E afirmo que paga a pena percorrer trinta quilómetros para gozar deste momento.
Hai tan só cinco ou seis mesas de terraza ocupadas porque aínda é cedo: as cinco e cuarto. Primeiro, a xente elimina a humidade da suor na “pileta” e, logo, vén refrescarse cunha bebida ou algún café. Eu, xa pode arder o mundo, que só tomo café. Perdón: o outro día tomei unha auga porque non sei cantos cafés estaban nadando xa no bandallo do meu estómago e, tamén de tanto falar coa familia, estaba seco.
Máis mesas ocupadas. Sitio privilexiado. Que pena que este ambiente e este lugar estean dispoñibles durante unha tempada tan curta. Case me dan ganas de alugar o bar durante todo o ano e facerlle publicidade tamén ás cheas do río Arnoia. Estas, por certo, moitas veces cobren e mesmo asolagan o propio bar. Cando ocorre, entón si, aí xa se lle pode chamar unha boa riada, e non estas que asoman polas redes sociais cando o río se sae tan só un chisco do seu leito.
Agora deixo de contar para sentir e gozar deste momento e desde este paraíso molgués.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre la capacidad de ver
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
El casting de las listas electorales
Carmen Tomás
Haz lo que digo...
Mariluz Villar
MUJERES
El "ingeniero Miauricio"
Lo último
ELECCIONES GENERALES
Carlos Cuerpo cree posible la subida del SMI antes de los comicios
HÁBITO REPETITIVO
Dormir la siesta eleva el riesgo de desarrollar demencia senil
Guerra en Ucrania
Ucrania lanza un intenso ataque sobre una refinería en San Petersburgo