O goberno do tempo

O AFIADOR

Publicado: 16 nov 2025 - 01:20
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Levamos días, semanas máis ben, nos que chove o que non choveu no último semestre, paliando a situación de seca xeralizada que tiña a terra seca e se situaba como espada de Damocles sobre as reservas nos encoros do prezado líquido elemento para a vida e a actividade xeral -Vigo, verbigracia-. A pesar do que pense a cultura urbana, non sobra auga, pero se así fose, non é posible modular cando ha de chover ou cando tempo soleado. Tampouco o comportamento dos fenómenos atmosféricos nin o clima, a pesares de que a inercia sostida nos constantes avances das novas tecnoloxías inciten a pensar que internet, unha aplicación ou as redes serán capaces de cumplir calquera desexo nun instante.

Se cadra, en vez de devecer polo imposible, igual podíamos preguntarnos como vai o entorno natural e as razóns polas que, cada vez máis, a amosa comportamentos caprichosos, fóra de control que con frecuencia acaban en traxedia. Negar o cambio climático de xeito contumaz ante a evidencia palmaria é pegarse tiros nos pés, pois a realidade é teimuda. O último verán -por falar so do próximo- pasámolo ardendo con temperaturas arredor dos corenta graos e un ambiente incandescente.

Como dí Manuel María, Galicia -Ourense- somos nós, e se a buscamos en nós temos que atopala; cumpriría baixarse da idea irrealidade dun clima idílico que nos mata.

Ca ameaza real enriba do lombo chegan os entendibles lamentos e protestas clamando por máis medios porque os dispositivos de extinción -extraordinarios, sen dúbida- non dan abasto para abarcar a magnitude da traxedia. Como dí Manuel María, Galicia -Ourense- somos nós, e se a buscamos en nós temos que atopala; cumpriría baixarse da idea irrealidade dun clima idílico que nos mata. Precísase sol, auga, frío e calor, cada un no seu tempo e medida. Nunca será á vontade, pero se pomos sentidiño, as cousas irían mellor.

E como? Mudar o xeito de entender o mundo actual -12 millóns de bombillas no nadal de Vigo¡- situándonos na realidade tratando de recuperar o rural para que se poida traballar de xeito que fomente a fixación da poboación que substitúa aos que se foron durante décadas e garantan o relevo. Elo esixe a imprescindible implicación das administracións para ordenar a propiedade dos once millóns de leiras e darlle condicións mínimas de produción rendible para que quenes a traballen poidan competir en condicións dignas. Todo esto e máis sábeo Xosé Carballido de pe a pa; coñece cada esquina do territorio igual que o corredor da sua casa e ata conduciu proxectos piloto que converteron poula permanente en área feraz e rendible. E non ten nada que ver con expropiacións nen perda da titularidade, senon coa unión, coñecemento, axudas e vontade. E, de paso, poríamos un grao de área na recomposición do tempo e na contención do lume.

Contenido patrocinado

stats