Conversas de Roc, co Vello Milenario

Publicado: 01 feb 2025 - 00:50

Roc estaba triste, levaba máis de cinco anos sen falar co seu carcereiro e descoñecía o que pasara no mundo en tan longo período de tempo. A fermosa filla do achacoso Milenario era a única persoa coa que mantiña unhas breves verbas, cando lle levaba a comida ou cando o aseaba. Roc alimentábase de carne de elefante, exclusivo alimento que lle admitía o seu complicado aparato dixestivo. Aquela mañá, a soidade na que se atopaba Roc foi estrepitosamente interrompida pola entrada na estancia do Vello Milenario. Desprazábase lentamente, axitando violentamente os brazos e levando un caxato de “secuoya” para manterse erguido

Roc era o único supervivente da especie de ave máis grande que existiu. Foi capturado por Ibn Battuta (o musulmán máis viaxeiro de tódolos tempos) cando durmía placidamente, despois de comer un elefante persa. O xigantesco paxaro quedou reducido, gracias a maxia dun devirche, ó tamaño dun pintasilgo. Battuta ofreceullo a Samuel Leví, que o rexeitou por non verlle utilidade. Algo que si percibiu o Vello Milenario que, despois de pagar una substanciosa cantidade, encerrouno no campo de cebolas que tanto mal lle facían. O Vello lembrase da furia de Roc cando atacou a Simbad e a súa tripulación por comer o ovo xigantesco que garantía o futuro da especie (relato recollido nas “Mil e unha noites”).

“Vexo que estás máis acabado”, exclamou Roc mentres daba un peteirao na pata do paquidermo que facía dous días lle trouxeran para comer. Por que te dignas visitarme?

“O mundo está en perigo -contestou o Vello-, e só ti podes salvalo coa túa sabedoría e experiencia. Os textos do Mahábharata e do Ramayana así o recollen. Cal crees que é a razón do rexurdir da extrema dereita, do fascismo e do nacionalsocialismo hitleriano?”.

Roc emitiu gurgullos mentres con ronca voz, exclamou: “Foron moitos os erros que se cometeron nos países que presumían de vivir en democracia, mentres o terceiro mundo morría de fame, enfermidade ou eran vítimas da violencia das guerras. Occidente, especialmente a UE, esqueceuse do que costou o estado do benestar: sanidade, educación, pensións, dependencia, paro, etc. que se converteron en dereitos despois de dúas guerras con millóns de mortos. As novas xeneracións pensan que o papá Estado ten que darlle obrigatoriamente todo o que pidan”.

Vello Milenario: Nunca pensei que EEUU chegara a elixir a un pro-nazi como presidente rodeándose dos que controlan as economías do mundo. Os gobernos de tódolos países acabaran sendo colonias do imperio, e a ONU non terá autoridade para impedir que Israel e EEUU actúen…

O peteirao emitiu un “jingle” (tintineo) interrompendo o discurso do Vello Milenario.

Roc: Gran parte da xuventude leva anos recibindo a información telemáticamente mentres os avós, os pais/nais e profesores apenas inflúen no proceso formativo, e o odio, a mentira e a manipulación histórica van ganando terreo. E paralelamente, o carbono que nos fai humanos é substituido por titanio, aluminio, tungsteno… rodio que fan robots con IA. Mentres os “lamed wufniks” desaparecen, xorden como besbellos miles de adoradores dos cartos, os que se manteñen na ética, e defenden os dereitos humanos serán exterminados e con eles a vida no planeta Terra.

E Roc pechou o pico e negouse a seguir falando..

Entón o Vello Milenario decidiu soltar o pintasilgo na esperanza de que cando recobre o seu tamaño atopará os “lamed wufniks” que salvarán o mundo coa inestimable axuda de Angela Merkel... se Trump e os derviches girovágos llo permiten (non esquezamos que Erdogán e unha peza do Mal).

Contenido patrocinado

stats