Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Misericordia, Señor misericordia! Gritaba o Vello Milenario prisioneiro dun pesadelo que lle facía respirar angustiosamente despois de espertar nun baño de suor. As cebolas plantadas nos seus miolos ao longo da súa existencia abríanse nun caos incontrolable, onde o arrepentimento mesturábase co perdón, sen que este se lle concedera xenerosamente. Aos berros non acudía ninguén; estaba só enfrontándose consigo mesmo. Só? Entón, a quen lle rogaba misericordia? A o Deus antropomórfico, unha das tres persoas que forman a Santa Trindade? O Vello Milenario, que defende “o xénero lóxico” que reúne a unha multiplicidade de individuos nunha unidade conceptual sendo o “Ser” o xénero lóxico supremo, reunindo en si a “Totalidade”, sendo onde se encadra Deus, que é único, vida, materia e o Cosmos, como creador de todo é “a enerxía primixenia”; somos polo tanto parte de Deus.
Dille que detesta o destino de ser escrava dun marido, despois de selo do pai. Remata falando dun volcán inactivo no que hai miles de escravas dos homes…
O Vello Milenario leu o libro de Juan Bonilla “Totalidad sexual del Cosmos”, que relata a vida dunha adolescente que se afoga nun mar de paixóns, de ideas, de creacións… todas as sensacións que a superan e aumentan cada día polo que cree está destinada a morrer de amor. Critica ao seu creador porque a ideou como unha fogaza que se consume a si mesmo, pero nunca se extingue porque o lume que alumea o mundo suponlle a escravitude. Dille que detesta o destino de ser escrava dun marido, despois de selo do pai. Remata falando dun volcán inactivo no que hai miles de escravas dos homes…
O Vello Milenario é consciente da integración do seu ente, materia e o espírito, na Totalidade. Sen ter consciencia nin clarividencia. O equipaxe non supera o primeiro control. A memoria queda nos que compartiron espazos e teñen vontade de lembrar o non vivo.
O Vello era consciente de que nas cebolas enterradas debaixo das neuronas atopábanse os temas que non fora capaz de resolver pola súa complicidade. E cando unha cebola brotaba sen que a consciencia controlara o seu contido, so a exclamación “misericordia!” lle producía tranquilidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último