¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
TÍA MANUELA
Ruxía el e ruxíanlle os dentes. Estaba acovardado por aquel ruído e aquel tremor do seu corpo enteiro, dende a cabeza ata a mesma punta dos pés. Ao parecer o tremor era máis intenso na súa parte dereita, na perna dereita, no brazo e no ombreiro da dereita, na orella dereita e no corazón, aínda que está centrado (ou descentrado) á esquerda. Alí está o corazón dos vivos, agardando que a soidade vaia pasando e saudando, sen sacudidas bruscas e dolorosas.
A humanidade está tremendo e moi asustada polo que poida pasar. Está desorganizada e escravizada, ás ordes dos escravos do poder, do poder único, do que manda no mundo e que ten monicreques de mensaxeiros
A soidade é ruda como unha carneira, dálle topadas á xente e, canto máis aguanta, cala e transixe, máis topadas. Anda a topadas cos valados, para impedir que outros acariñen a ladeira. Esa ladeira de toxos e xestas, de monte e moreas de brea parda. A soidade, ese sentimento que aperta e abate a moita xente, é como un mal menor neste mundo de sentimento noxento, no que o fastío é tan insoportable como repugnante.
Os homes e as mulleres deste mundo mundial non saben que facer, nin que camiño coller. Entre o malo, escollen calar, agardar, pensar e mirar. Así pasan a vida, cavilando e matinando nun mundo mellor, que non se achega, que non se ve por ningures e que, en todo caso, escapa da mirada dos mortais, de nós, de todos os lectores, das lectoras e dos intérpretes do que se di, do que se escribe e do que se pensa.
A humanidade está tremendo e moi asustada polo que poida pasar. Está desorganizada e escravizada, ás ordes dos escravos do poder, do poder único, do que manda no mundo e que ten monicreques de mensaxeiros. O primeiro, ese espabilado Donald Trump que, se puidera, desfaría o mundo, con tal de arranxar o seu. Dá medo escoitalo e, ao velo na televisión, calquera sente repelús. A moitos coñecidos, xente de ben, bracúñanlles os dentes ao sentir falar del. Pero hai máis, hai outros como el, dedicados unicamente ao seu, vixiantes dos seus intereses económicos e/ou políticos.
A eses señores da guerra cómpre dicirlle que é conveniente parar, que hai que parar e nada máis! Se acaso, hai que recuperar a desfeita, hai que resarcir e indemnizar ás vítimas e hai que retirarse para sempre do cadro de mando e dar paso á xente honrada, preparada e con sentido común, da equidade e da xustiza. Como di a Tía Manuela, “aí está a valentía e a grandeza dos líderes”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Jaime Fernández Garrido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Libres coa verdade
Lo último
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
PRESIÓN EN VIVIENDA PROTEGIDA
Gráfico | La compraventa de viviendas cae un 1,8% en abril y suma cuatro meses de bajadas
IRREGULARIDADES CON FONDOS DE LA UE
Nueva investigación en el caso Begoña Gómez: el juez Peinado amplía la causa con dos posibles delitos