Fernando Jáuregui
Autocrítica cero, presidente
¡BUONE VISIONI!
Napolitano de nacemento e romano de adopción, Paolo Sorrentino foi un dos representantes do novísimo cine italiano xunto con Matteo Garrone, Emanuele Crialese, Giorgio Diritti ou Michelangelo Frammartino. Unha ola de novos cineastas que estrearon a súa primeira longametraxe de ficción entre o 2000 e o 2005, recolocando o cine da península itálica ao máximo prestixio internacional. Despois do díptico sobre Nápoles, Fue la mano de Dios (2021) e Pathenope (2023), Sorrentino pecha unha triloxía sobre a política italiana, empezada con Il divo (2008), sobre Giulio Andreotti e seguida por Silvio y los otros (2018), sobre o universo carnavalesco do ‘cavaliere’ Berlusconi.
La Grazia, aínda que non está inspirada en personaxes reais, céntrase sobre a única figura da política que aínda está ben considerada e respectada polos italianos: o Presidente da República. Mariano De Santis – inspirado en parte no actual Xefe do Estado Sergio Mattarella – é un estimado xurista, culto, humanista e reflexivo, que está a vivir os seus últimos días no Palacio do Quirinal. De repente comeza a dubidar sobre varias decisións que debe tomar, especialmente sobre unha lei de eutanasia e sobre dous casos de posibles indultos. De Santis conta co asesoramento da súa filla Dorotea (Anna Ferzetti), xurista como el, que sacrificou a súa vida para estar ao lado do pai, sobre todo despois da morte da súa esposa.
De Santis é un personaxe moi diferente con respecto ás figuras de poder retratadas anteriormente por Sorrentino. A soidade e a maior idade son elementos que podemos atopar noutros protagonistas do seu cinema, pero aquí o filme fai un eloxio da boa política – ou do que debería ser. De Santis móvese nun escenario ideal onde a vaidade e o oportunismo son incompatibles coa política. O protagonista, que leva o apodo de ‘cemento armado’ polo seu carácter gris, inaccesible, e a súa capacitade de aplicar de forma rigorosa o Dereito, despois de deixarse iluminar pola Grazia, empeza a reformular os seus pensamentos e os seus principios.
Entre o drama solemne e a comedia, o filme desenvolve un debate moi estimulante sobre a moral e o sentido da xustiza. Sorrentino que antes de ser cineasta é un magnífico escritor – recomendo encarecidamente a lectura das súas dúas novelas, Todos tienen razón e Tony Pagoda y sus amigos – elabora un guión cheo de matices e de frases iluminadoras. Na posta en escena podemos atopar incluso encadres xa vistos en Il Divo o La gran belleza, pero a historia evita o exceso de barroquismo. En La Grazia están case ausentes os elementos grotescos e surreais presentes noutras películas da súa filmografía. A fotografía de Daria D’Antonio aposta polos tons fríos, salientando a temperanza expresada no carácter do protagonista. Tony Servillo, actor fetiche de Sorrentino desde a súa primeira película El hombre de más (2001) e gañou merecidamente a Copa Volpi a Mellor Actor no último Festival de Venecia, volve a encarnar outra figura política que non vos deixará indiferentes.
Aínda que sexa unha película bastante crepuscular e intelectual, o filme non abraza nunca totalmente o camiño da pesadez. Con gracia, eloxia a beleza da dúbida, aspira á lixeireza da ingravidez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
España prorroga 15 días el control a pasajeros de Italia
VIDA ORENSANA
El párkinson cuesta 22.800 millones al año en Europa
BATE EL RÉCORD DE 2022
Récord fatal en España: más de 5.000 muertes por el calor
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 1 de septiembre