Os obreiros son poucos

DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE

Publicado: 18 sep 2026 - 03:10
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

“A colleita é moita pero os obreiros poucos”

( Mateo 9:37)

Falábamos hai pouco tempo que Xesús tiña compaixón polas multitudes. Iso levouno a pronunciar as palabras que hoxe lemos no versículo e que teñen moito interés. A colleita son todos aqueles que deben escoitar a Palabra de Deus. As persoas que a difunden non teñen que ter grandes títulos nen estar nunha posición superior aos demáis. Máis ben, toto contrario. A figura literaria que emprega Xesús é a de obreiros. Aqueles que trabalham por un salario e son dignos dese salario. Podemos ver que entre os elexidos para ser os seus discípulos destacaban as persoas humildes e comprometidas, e non por iso a predicación foi de pior cualidade. Nos tempos de Xesús os medios de comunicación eran os que eran. Escasos e con moitas dificultades. Poren a mensaxe tamén podía ser modificada. Xa no século I os discípulos esperaban que Xesús regresara ( acababa de marchar) ante a proliferación de anticristos e persoas que predicaban un Evanxeo manipulado. Hoxe a información corre tan a presa como as fake news e os obreiros seguen sendo poucos.

Contenido patrocinado

stats