Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El rostro de la pobreza en Ourense
Aauga está constituída por dúas moléculas de hidróxeno e unha de auga. Unha parede é unha obra de albanelería que limita un espazo arquitectónico. O gato é unha subespecie doméstica da familia dos felinos. Que fácil é saber o que son as cousas concretas, e que difícil é definir as construcións intelectuais! Que é a felicidade? Que é o desacougo? Que é o amor? Que é a nación? Pablo Iglesias acaba de sinalar que España é un estado plurinacional. Vale. De acordo. Pero, por favor, Sr. Iglesias, sería tan amable de enumerarme as nacións que a integran? Que complicación! Non daría contestado porque, como político, non querería ofender, minusvalorar ou esquecer a ninguén.
É unha pregunta case imposible e, se cadra, non se pode ir moito máis alá desa Constitución española que xa no seu artigo segundo "recoñece e garantiza o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre elas". O das nacións, coma todo sentimento, é persoal. Así, nun mesmo territorio político poden coexistir varias nacións-sentimento. En Cataluña, por exemplo. Ou en Galicia. Ou en Navarra. Ou en Portugal. E a nación política será, nas democracias, a dominante entre os cidadáns.
O problema é a escala. Segundo a visión actual das leis, do mesmo xeito que os de Canedo non poder independizarse do Concello de Ourense por propia vontade, tampouco os cataláns poden decidir "saír" de España pola súa conta. Nin os portugueses entrar. Outra cousa é que o Goberno convocase un referendo consultivo para pulsar sensibilidades (coas súas preguntas, as súas normas, as súas ratios) e non vinculante. Iso xa o que fan algúns partidos para escoller candidatos, como en Ourense o PSOE ou Ciudadanos. Ti vai pedindo que logo xa veremos.
Castelao no "Sempre en Galiza" botou man da definición dun "serial killer" como Stalin para afirmar que territorio, pobo, lingua, historia particulares afirmaban a nación. Pero a desconexión da lingua-cultura coa identidade nacional é obvia. Cal é a diferenza entre un arxentino e un uruguaio? E entre un guatemalteco e un hondureño? E pola contra, os suízos ben suízos que se senten, sen teren lingua común. E non lle diga vostede a un dublinés que é inglés. Ou a un vienés que é alemán. Así pois, o compoñente máis importante da nación, o único imprescindible, é a vontade de ser. Mesmo pobos errantes como o xudeu tiñan conciencia de nación antes de pillaren cacho.
Ademais, as vontades, como os ventos, poden mudar. Franco morreu encamado e os dous millóns de españois que lle foron ao enterro non eran figurantes. Os austríacos integráronse en Alemaña fascinados por Hitler, e logo da guerra abominaron do tema. E esa vontade de ser pódese concretar de moitas formas; unhas políticas; outras, non. Un exemplo: Andalucía ten unha personalidade e proxección identitaria mundial moito maior que a maioría dos países cos que comparte lingua, pero están contentos coa forma de estado. Só faltaría. Teñen uns 650.000 homes desempregados e uns 615.000 inmigrantes.
En fin, se cadra era bo escribir Hespaña con hache, de Hispania, atraer a Portugal, e reorganizar o patio peninsular. E a traballar todo o mundo para que ninguén pensen que se aproveitan del. Pero ser, élles moito lío.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El rostro de la pobreza en Ourense
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
El problema de juntarse con Vox
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
En bici por la boscosa contorna
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La batalla de Midway
Lo último
FALTA DE NATURALEZA
El Posío reabre sus puertas con más cemento que verde
CENTENARIO DE LA MUERTE DE GAUDÍ
El LEGO más grande de la historia es español: así es la réplica de la Sagrada Familia con más de 12.000 piezas