Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
A máquina de coser da miña avoa trocolea na solaina e a súa man xira na roda lanzando o seu: “Costureiriña bonita, onde gardas os melindros?” O papá limpa a cuba e a súa voz soa dentro dela como se estivera no Alén. O carpinteiro arranxa o mesote. A augardente ferve na alquitara. Parten leña na casa da Aurora. Cantan as chispas da Tarazana e o chifro do afiador bebe o vento. Ladran os cans ó ver xunguir as vacas. Renxen os carros ó lonxe. Cuquea o cuco. O burro ornea e estralan as gaias da abeleira ó pé da fonte. No bar, os homes petan coa cunca baleira na mesa de madeira e o viño canta o seu cantar seducido polo donaire da taberneira. E móntase unha festa de sons de amor celebrando a vida.
O señor Amador pica a pedra buscándolle a veta que a vai abrir en canal e facela valado. A néboa viste de gala a roseira. A choiva sacode as árbores e tararea na ventá a súa interminable e penetrante melodía. A mamá ensaia o salmo para o coro no día da Virxe. Fórmanse sucos de auga nos eidos e os nenos saímos do patio para brincar nos charco e acabar de romper os xarandóns e a xeada que renxe coma estralos. Os alcroques cantan ó escachar entre os dedos e a cabeciña dos adolescentes que empezan a mocear e bailarán o agarrado no solpor coa acordeón do papá. Escintilan no trigo as papoulas ledas e vibrantes coma a mesma primavera. As tellas rotas da palleira fai caer con estrondo a choiva no caldeiro de latón no que beben as pitas e o capón -fachendoso e dono de si- ergue a cabeza e canta no alto do poleiro.
A voz da “costureiriña bonita” que enfía a agulla, escapa polos piornos arriba e chega ás campás da igrexa onde saúda ós mortos que xamais morreron, os que deron a vida máis alá da morte, os que rachan a eternidade para vir onda nós e repenicarnos por dentro coas badaladas do entusiasmo.
Aí vos vai, nas ás do vento, como aquel paxariño que deixastes en liberdade, aquí vos entrego este cantar galego, a criatura que creei para a Miña Terra. O meu Himno ás Letras Galegas xa é voso. É a nosa identidade: Fala, Irmandade e Galeguidade. Facédeo voso. Querédeo e mimádeo con todo o voso corazón. Naceu do amor para o amor! Grazas a todos os que o faceredes voar na vosa voz. Voso é. Queda por sempre nas mans dos que tanto amamos GALICIA.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago