Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Moncloa, el CNI y la seguridad nacional
Un ano máis, fuxindo do calor imos ao pobo. Alá a poboación medra cada ano recibindo no verao as novas xeracións que residen nas cidades. Outros, asfixiados pola subida dos prezos da vivenda, prefiren a tranquilidade do medio rural, e alugan ou compran casa na vilas ou no povo situado moi perto de Ourense. Así, nun encontro aleatorio saúdanme con afecto e respondo por cortesía. Non sabía con quen estaba a falar e era un amigo da infancia. Xa pasaron uns 45 anos e Carlos recoñéceme porque tempo atrás, preguntara por min á miña familia. Falamos en pouco tempo de moitas cousas. Lembranzas de dous nenos que xogaban ao fútbol e andaban ás carreiras coas bicicletas. Nunca houbo diferenzas entre os dous; non podiamos perder o tempo nesas cousas. Carlos era un deses nenos da emigración que se criou cunha familia que tiña unha casa nova ao inicio do povo de Laiantes de abaixo. Os seus pais estaban na Suiza e poucas veces podía disfrutar deles. Pero medrou sen que lle faltara de nada e chegou a ser un empresario de éxito.
Na conversa recoñezo ao pai de Carlos Domínguez, veciño de A Touza, que me fai un pequeno encargo. Chámase Agustín Domínguez e garda con coidado un pequeno tesouro do que ten algunhas lembranzas. Trátase dunha bobina de cinta magnetofónica que mercou na Porta do Sol na súa chegada a Madrid o 15 de abril de 1969 cando regresa da Arxentina co seu amigo Emilio Alonso. Despois de tantos anos intentando escoitar a cinta, non foi capaz de que alguén lla dixitalizara. En Ourense non quixeron facerllo. Este tipo de encargos dan moito traballo e non se pode cobrar o custo real de tempo. O seu fillo Carlos xa estaba canso de escoitar a demanda do seu pai, de escoitar a cinta e non poder facer nada. É por iso que unha vez nas miñas mans, colócoa nun reproductor Nuova Faro de mediados dos anos 60 que conservamos no Arquivo da Familia Carnicero. Despois de facer as conexións necesarias a un PC dixitalizo a conversa. En realidade nada ten que ver co que me contaba Agustín. Seica, no voo 996 de Iberia puxeron a funcionar o aparello con música, e a xente protestaba. Pero na bobina descubrimos algo impresionante. No hotel Príncipe Pío no Paseo Onésimo Redondo,nº 16 Madrid, os dous amigos fan unha entrevista e grábana para perpetuar a súa historia. Os datos son moi exactos e chama a atención os acentos e circuntancias de cada un deles. Mentres Emilio está a piques de regresar a Vigo, para ver a súa famila, Agustín espera resposta dun telegrama, para que lle den un traballo na Suiza e poder entrar legalmente. Tamén lle espera a súa noiva. Emilio que entrevista a Agustín fai unha análise do feito emigratorio e emociona escoitar que “se sufre mucho” pero que dese sofremento e da súa relación de amizade é posible crear vínculos de irmandade. Agustín canta unha cantiga de Manolo Escobar titulada “ Ni se compra” que cantaron no avión. Despois canta a rianxeira e non pode seguir “ Hace cuatro años que salí de España y me tuve que olvidar las canciones en Argentina” “Allí tuve que hacer otra vida”. Emilio lembra a Agustín traballando de sol a sol como engrasador de automóviles. Máis tarde coincidiron no consulado español e tamén no momento de sacar as pasaxes para o avión. Emilio Alonso era un periodista novo e entre tantas coincidencias agromou unha amizade sinceira. Na despedida Emilio fala da súa familia en Vigo e Agustín non deixa de teimar coa resposta do seu telegrama para entrar na Suiza. Non deixan de cantar. Agustín xa lembra outras cantigas que esquecera. O futuro está a comezar para el. Por iso, e na incertidume das circunstancias, Agustín xa ofrece axuda a Emilio en Suiza. Non podía ser doutro modo, porque o éxito tamén o tiñan que desexar.
Agustín canta unha cantiga de Manolo Escobar titulada “ Ni se compra” que cantaron no avión.
Agustín regresou ao seu povo do Concello de Maside. Non lle importa que o Alcalde non coide das corredoiras cheas de baches e que non lles poña un pequeno banquiño para que os veciños de Laiantes de Abaixo descansen dos seus paseos diarios. Xa está farto de pedilo e non lle fan caso. Por iso non lle importa. Todo cambia cando o seu fillo Carlos vén cos seus fillos de Suiza para visitalo a el e a súa dona Hortensia. Porque na familia contan aquelas historias e calma aquel sofrir por prosperar. Vemos que Agustín está orgulloso da súa familia e xa non lembra o que lle costou. Fixo todo por amor. Carlos sabe que pode facer moito máis que dar as grazas, por iso procura vir de Suiza varias veces no ano. El pode facelo e faino. O seu pai non podía. Perder un peso para a súa educación e formación non entraba nos seus plans. Eran outros tempos de incertidume e separación.
Finalmente na cinta hai un desexo que se cumple, formulado por Emilio Alonso cando lle di a Agustín que na Suiza terá sorte e nun par de anos nacerá un vástago. Pouco tempo pasou, cumpríndose os mellores desexos aínda que foi parcialmente. Case todas as galegas viñan a parir na Galiza e Hortensia voltou. Carlos naceu en Ourense. Certo é que o segundo fillo, Roberto xa nace na Suiza, porque tamén houbo excepcións condicionadas polas circunstancias.
Este artigo está dedicado a todos os que sofreron en maior ou menor media a emigración do pasado e do presente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Moncloa, el CNI y la seguridad nacional
José Luis Fernández Carnicero
Historias da emigración
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Teología para pánfilos
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Bailar con los cadáveres
Lo último