Hollywood!

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 01 ago 2025 - 04:05

Hollywood!
Hollywood!

Entre as miles narracións e citas sobre a industria de Hollywood hai dúas - ademais dunha novela - que parecen encaixar perfectamente co mood da serie The Studio. “Hollywood é como estar en ningures e falarlle a ninguén sobre nada” (Michelangelo Antonioni) e “Traballar en Hollywood dá unha certa experiencia no campo da prostitución” (Jane Fonda). A novela de referencia podería ser Hollywood de Charles Bukowski, un relato sarcástico e moi ácido onde o escritor conta a súa experiencia na meca do cinema como guionista da película Barfly (1987) de Barbet Schroeder.

The Studio – dispoñible en Movistar+ e Apple Tv – é unha das mellores obras do xénero ‘cine dentro do cine’, e unha das mellores series do ano. Creada polo actor e director Seth Rogen xunto con Evan Goldberg, Alex Gregory e Peter Huyck, The Studio, ao longo de 10 episodios lévanos ás tripas de Continental Studios, unha major dedicada ao cinema tradicional que tenta manterse viva. Matt e o seu equipo de executivos loitan contra as súas propias inseguridades e frustracións, nun mundo de artistas narcisistas e grandes capos corporativos. En cada festa, visita ao set, decisión de cásting, reunión de márketing ou participación nos mercados, preséntalles a oportunidade para o éxito rotundo ou a catástrofe definitiva.

Definitivamente, The Studio, é unha das series que máis se poden disfrutar neste verán. É unha imprescindible buona visione.

Para quen coñece, moi ben ou parcialmente, o funcionamento da industria do cinema, ou é un cinéfilo impenitente, atopará unha serie moi brillante e absolutamente entretida. As acertadas e continuas referencias ás películas e a historia do cinema en xeral, convértena nunha obra de arte e ensaio paródica, un auténtico gusto para o espectador exixente e apaixonado. Non todos os episodios sitúanse ao mesmo nivel de excelencia, pero a maioría son obras mestras do sarcasmo.

The Studio evidencia todas as contradicións da industria empezando co seu protagonista. O interese de Matt polo cinema de autor e o seu respecto polo sétimo arte atópanse con todas as dificultades que os despachos, os egos ou os gustos do público maioritario levan consigo. É dicir, o protagonista, ao igual que Hollywood, oscila constantemente entre o mantemento da dignidade artística, o éxito comercial e a prostitución moral. E a segunda é a que vai gañando case sempre. The Studio non escatima en facer retratos ácidos de caras coñecidas como Martin Scorsese, James Franco, Olivia Wilde, Ron Howard, Zac Efron, Sarah Polley, Greta Lee ou Charlize Theron. A participación de estrelas invitadas é o verdadeiro product placement da serie. Imperdible é o primeiro capítulo con Scorsese, ou o episodio de metacinema da gravación do plano secuencia con Sarah Polley – un capítulo verdadeiramente rodado nunha soa toma – ou a delirante festa coas estrelas ao estilo vella Hollywood que Matt organiza en Las Vegas onde o Continental verase envolto de medo, asco e deliro como no celebre filme de Terry Gilliam.

Definitivamente, The Studio, é unha das series que máis se poden disfrutar neste verán. É unha imprescindible buona visione.

Contenido patrocinado

stats