Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Destellos de belleza que anuncian buena esperanza
Nas dianas dun campo de tiro vense as sinais do tirador, a súa habilidade, o seu nivel de especialista. Así as de Jorge Encinas Arnau, como nos ten afeito dende antes dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, competición para a que fora preseleccionado.
A que escolle Iago Eireos para a portada do seu catálogo da exposición, ten puntuacións de nove a nove e medio, unha do grupo de fotogravados reelaborados dende a diana de papel, que este artista lucense presenta en Ourense no centro cultural da Deputación. Elas falan do pulso, respiración e vista, e ademais e sobre todo dun control mental: son unhas pezas precisas que reflicten unha mente minuciosa e ordenada por tras. Son o campo de probas de Nación S.A, proxecto de amplo espectro que ten formato de autor, un ensaio de recapitulación do seu camiño andado, e as experiencias enxergadas na travesía. Anda o artista nese punto vital de idade que ben a ser o da primeira madurez, logo de terse movido por diferentes espazos do noso Estado, reino que ten percorrido, dende o seu espírito inquedo e a súa arte, polos territorios de León e Valladolid, Alcalá de Henares, Móstoles e Madrid, Zaragoza, Murcia, o museo provincial de Lugo, cidade na que naceu vai para trinta e sete años.
E nese tempo o Premio Art & Environement Montalbano (Italia), e diversas bolsas artísticas de residencia coas que foi por España, Portugal, Italia e Romanía, incluso. Foi "On the road projet" por Europa, co novelista Jack Kerouac na idea, e pasou logo á memoria da paisaxe engadida, unhas vivencias que enfían esta mostra. Logo de rematar a súa formación na Universidade de Vigo en 2008, completouna na EASD.RF con ciclos superiores de fotografía artística, gravado e estampación. Con todo elo formula Eireos unha proposta de identidade individual para este mundo europeo supranacional. "Seis Raíñas", en tinta e papel fotográfico, son a referencia figurativa de autoridade. Na parede de enfronte hai trinta e tres "sombras" unha morea de acaídas siluetas. Velaquí a idea moral da elite dende o desenfoque e a masa anónima do pobo agachada baixo liñas e grisalla.
"As Cartas sobre liño", as cartografías, unha en caixas retroiluminadas, a outra un políptico en papel sobre madeira, son imaxes polícromas e abstractas coas que amosan un territorio por definir, mapas mentais do corazón. A paisaxe como interpretación do territorio vivido. É así xurde o símbolo: as cores sólidas de pintura esmaltada para o xerador de bandeiras, Standard-te, en fiestras corredizas de aluminio... Todos os elementos da paisaxe, memoria colectiva dun territorio, coa panoplia multidisciplinar de Eireos, para unha lectura transversal. Velaquí o valor do vizoso carro de combate colocado en diagonal, instalación a partires dun carro de bois tuneado de cor marela para convertelo nun tiracoios xigantesco, máquina de fronteira e conflito... Como outro Jasper Johns (1930, EE.UU) o pintor pop das dianas e bandeiras, comprometido coas relacións entre ver e coñecer, ver e dicir, ver e crer,
A oportunidade para repensar coa arte unha proposta de Nación Anónima, un proxecto de ensaio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Destellos de belleza que anuncian buena esperanza
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
¿Estamos preparados?
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno tiene un plan
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
A mi abuela
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
LAS SEGUNDAS EN SOLITARIO
Castilla y León celebra este domingo sus elecciones autonómicas con un censo de 2.097.768 electores