Preguen por nós os devanceiros

TRIBUNA

Publicado: 18 nov 2026 - 07:10
Fonte de Oseira na Alameda de Ourense.
Fonte de Oseira na Alameda de Ourense.

Ourense foi chamada Auriabella no tempo da Restauración do século XIX, pola súa sociabilidade e o atractivo urbanístico que posuía e eu desexo, vehementemente, que se manteña.

Ourense acolle nesta recta final de ano dúas festas esenciais que nos producen un engado especial: os Magostos e o Nadal.

Pola prensa sábese que nestes días o Concello de Ourense procedeu á colocación da iluminación do Nadal, por medio dunha empresa privada. Por iso, debe tomar rigorosamente as medidas necesarias para que non teña que resolver, con posterioridade, males preocupantemente irreversibles.

Considero, logo, nefasta a colocación, outro ano máis, do árbol artificial iluminado de Nadal sobre a fonte orixinaria do mosteiro de Oseira sita hoxe na Alameda do Concello dado o valor histórico e artístico da mesma.

Arredor do ano 2008, o Concello contratou a iluminación do Nadal a unha empresa privada que provocou a caída dun balcón da fachada principal do Pazo dos Oca Valladares, edificio cualificado como Ben de Interese Cultural de Galicia. Non quero, como moitos cidadáns, que isto volva pasar!

En febreiro de 1969, nunha polémica e triste noite, substituíu á estatua de Concepción Arena

En 1836 foi publicada a coñecida lei de Mendizabal na que se declaraban en venda os bens pertencentes ao clero regular. Deste xeito, baleirándose mosteiros e conventos. Así pasou có de Oseira.

A Praza Maior de Auriabella foi, secularmente, o lugar onde se atopaban os poderes político, relixioso e social da cidade [Casa do Concello, Pazo Episcopal (hoxe, Museo Arqueolóxico e Casino dos Cabaleiros]. O atractivo da a súa inclinación e o chan cuberto por coios viuse complementada coa instalación dunha das fontes do mosteiro de Oseira.

José Adrio Menéndez, no capítulo XI do seu libro “Del Orense Antiguo” (1830-1900), informounos desta importante nova acaecida no ano 1856: “Á Praza Maior onde por todos os seus costados había árbores, foi levada en virtude de acordo municipal de 27 de agosto, unha das fontes monumentais do mosteiro de Oseira, trasladada anos despois, ao bosque dos Xardíns do Posío”. Nela permaneceu uns tres anos.

Certamente, a fonte situáronna, logo, na parte superior do xardín do Posío. En febreiro de 1969, nunha polémica e triste noite, substituíu á estatua de Concepción Arenal, na parte norte da Alameda ou Horta do Concello; estatua que foi trasladada á “Praza de Concepción Arenal”. Apesar de chegar informacións documentais rigorosas, coido que faría falta saber onde está o seu artístico pedestal.

Ático Noguerol Iglesias, funcionario do Concello ourensán que pola súa valía na defensa de Auriabella era “cronista popular da cidade”, realizou numerosos debuxos relativos a Auriabella. Entre eles convén destacar o titulado “Praza Maior”, cos seus apuntamentos históricos, que ratifican visualmente e por escrito o estado da calzada da Praza e da fonte de Oseira:

“Véase a la vuelta. 1640 y tantos y antes. En esta plaza hubo corridas de toros y hubo juego de lanzas y cañas.1855

En este año empedraron esta Plaza como esta en el croquis y así lo recuerdo yo. Pero en el año siguiente instalaron en ella una fuente (a de Oseira) con el agua que sobraba de la Fuente del Trigo y en el 1856 había árboles y se hizo el espolón.

¿Ahora hace falta saber donde fue colocada la fuente siendo así el empedrado? La fuente duró unos tres años, la primera vez que hechó [sic] agua estaba celebrando sesión el Aytº [Concello] y se suspendió para ver correr el agua en dicha fuente, esta tenía pilón y árbol”.

Sería moi interesante descubrir a súa ubicación exacta na Praza.

O profesor universitario Xosé Somoza Medina, no seu libro “Historia de Ourense”, sobre a fonte de Oseira tamén informou que se colocou en 1856 no centro da Praza Maior onde existían árbores en todos os costados e, logo, a trasladaron ao “bosque” do Posío e, finalmente, á horta do Concello ou Alameda do Concello.

Considero necesario que a Corporación municipal obrigue, de contado, que o goberno da cidade preserve e protexa, historicamente, a fonte de Oseira pola súa beleza e historia pasada, presente e futura. Non sería bo ter que esixir, inequivocamente, responsabilidades de todo tipo. Quedan avisados!

Contenido patrocinado

stats