Fernando Ramos
Dice Sánchez que Cataluña y España son países diferentes
ARTE ET ALIA
Unha exploración do concepto de forasteiro, persoa que vive en terra allea á súa natal, presenta na galería de arte DodoDadá o autor desta mostra, que firma Costa como Jesús, non Xesús, diminutivo ou apócope... Así consta sempre na súa biografía, que nos leva aos seus traballos para a compañía ourensá de teatro Sarabela dende os anos oitenta, empresa na que participa facendo máscaras en diversas producións, caso de “Xacobe ou a sumisión”, de Ionesco, 1989; A gata con botas de Perrault, 2004, ou Sexismunda, 2001, baseada en Calderón de la Barca, adaptación singular dende a perspectiva de xénero, con dramaturxia de Ánxeles Cuña, Fina Calleja e Begoña Muñoz. E intervén tamén na realización da escenografía e atrezzo das obras de Blanco Amor, A Esmorga, 1996, e Romance de Micomicón e Adhelada, 1999, que adapta e dramatiza a súa parella Begoña Muñoz (Barakaldo, 1961/2010, Ourense). Docente, tradutora, escritora, un piar de seu para Jesús, quen recupera para este proxecto escultórico un tema dela moi querido, Medea, co libro homónimo de Christa Wolf na base. Á feiticeira mítica da antiga Hélade, encarnación do espírito da aniquilación, dedicoulle na primeira década do século artigos na revista Casahamlet. Famosa pola súa relación con Jasón no navío Argo, e outros navegantes, os argonautas, axudándolle a conseguir o “vellocino” de ouro, acción de sona que semella secundaria ante o feito de asasinar aos fillos tidos con el, cando a deixa para emparellarse con outra, que toma como mostra de ingratitude e soberbia, mais de feito non deixa de ser vesania. Esta acción de vinganza vicaria contra Jasón tense relacionado nos últimos anos coa violencia de xénero, dando pé ao síndrome de Medea.
Esta acción de vinganza vicaria contra Jasón tense relacionado nos últimos anos coa violencia de xénero, dando pé ao síndrome de Medea.
Presenta así, dende un contexto persoal teatral e familiar, unha manchea de pequenas figuras montadas con pezas de varias árbores e diferentes texturas, que coloca sobre columnas de varas metálicas por fuste, cravadas en toradas de piñeiros con casca queimada e conclúen noutras iguais a modo de capitel, sobre as que pousa as obras. Lisa, Acamante, Creonte,... son nomes gravados nas obras cos que identifica este ciclo de cultura da Hélade, xente dun cosmos e tempo que comparten sala; mais Medea vai fóra, separada, á entrada, e o mítico carneiro da áurea la nunha beira, antes do grupo. Este disponse en liñas paralelas como si dunha plantación de eucaliptos se tratara. E nas paredes laterais pendura dúas grandes pezas de madeira para completar a mise en scène. Veñen de Santirso na Galicia profunda, na serra ourensá de san Mamede, onde vive este artista de formación ceramista, que ten colaborado coa Sargadelos, e traballa en proxectos medioambientais. Para o autor do texto anónimo da folla de sala amosa a súa reflexión dende “un mar de antas”, título coa foto dunha fiestra ata a que chega polo exterior un mesto ramaxe arbóreo, e pequenas figuras de madeira diante, nunha repisa, na habitación. No escrito relaciona a “respiración de caléndulas” co aceite desta planta, tomado dunha frase de Begoña Muñoz, que cita. E máis alá das máscaras, as formas encáixanse “capaces de remontar a memoria das augas”. Fíxome matinar na Maga de Rayuela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
Dice Sánchez que Cataluña y España son países diferentes
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Palabras de ánimo
Luis del Val
Ayudemos al inculto
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Extremadura e pecha España!
Lo último
LUCHA CONTRA LOS INCENDIOS
Lucenza e Infesta, dos modelos en Monterrei para el medio rural del futuro
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
NUEVO CAMIÓN POR 1M
Los bomberos consiguen renovar su parque móvil en Ourense
La Región
Avenida de Portugal: Vallas por donde vayas