Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Mundial 1942: Hitler prefirió la guerra al fútbol
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
A parroquia rural ata tempos recentes considerábase como parte dun territorio no que un campesiño comprendía o seu ciclo vital dende o seu nacemento ata á posterior morte e soterramento, sempre baixo o amparo espiritual do seu párroco que era o que lle subministraba os necesarios e últimos sacramentos.
A igrexa de Vilar de Astrés, baixo a advocación da Purísima Concepción, pertence ó arciprestazgo de Ourense Norte situada á entrada do núcleo de poboación da pequena vila sendo a súa dirección a estrada de Vilar de Asrés a Cabeanca.
O adro, malamente pechado, actualmente cingue o templo situado preferentemente cara o sur limitando cas traseira dun grupo de edificacións en ringleira. O acceso á Casa de Deus o rodea diversos nichos de soterramento marcando unha especie de pétrea avenida ata entrada principal do templo ocupando case a totalidade do adro.
A igexa parroquial foi unha creación do bispo José de la Cuesta y Moroto que gobernou a súa sé ourensá entre os anos (1866-1871) Do seu estipendio persoas aportado para a realización do templo contou ca estimable axuda dos veciños da zona; así deste xeito iniciouse a súa construción o día quince de xuño do ano 1868, dando remate ó mesmo o 21 de agosto do seguinte ano. Fundíronse as campás o dezaoito de novembro do ano seguinte sendo bendito o templo por don Vicente Guerrero, daquela párroco de Santa Cruz de Arrabaldo e arcipreste de Amoeiro, facultado para a representación do bispo.
O interior da igrexa o forma unha soa nave accedéndose a mesma a través dunha portada de tipo adintelado pechada cara o exterior mediante dúas follas de madeira
A Casa de Deus, data do século XIX, o forma o edificio composto dun groso muro de pedra granítica provinte da canteira do monte denominado “Romiña”; cobre o mesmo unha cuberta a dúas augas composta de tella plana. O interior da igrexa o forma unha soa nave accedéndose a mesma a través dunha portada de tipo adintelado pechada cara o exterior mediante dúas follas de madeira, dispoñendo na oparte superior dunha cornixa curvilínea traballada en pedra granítica; da remate á mesma sensos pináculos rematados e bola. A espadana sitúase sobre outra cornixa moldurada contén dous arcos de medio punto no que se aloxan sendas campás. Da remata a mesma un frontón triangular con arco de medio punto rematando nunha cruz acompañado de sensos pináculos con remate decorativo en bola.
Accédese ó presbiterio, rectangular máis alto co resto da nave, con base de madeira, cíbrese cara o exterior a tres augas mediante o emprego de tella plana; a pequena e cadrada sancristía atópase adosada ó templo cóbrese cunha soa auga. O retablo maior,en madeira, preside o presbiterio; composto de tres rúa contendo as imaxes da patroa da parroquia A Inmaculada Concepción, na rúa central un pequeno Crucifixo e ó seu carón a imaxe a popular imaxe de san Antonio de Padua; na súa parte superior, no ático, atópase unha pequena imaxe que quizais represente a san Mauro. No lado do muro da Epístola figura a interesante imaxe de vestir da Dolorosa e no lado do Evanxeo outra pequena imaxe do popular San Benito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FIESTA DE INTERÉS TURÍSTICO INTERNACIONAL
Galicia refuerza los controles para la noche de San Juan
ACUERDO DE PSOE, BNG Y SUMAR
El Congreso votará el jueves la ley para transferir la AP-9 a Galicia
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés