Igrexa das Escravas do Santísimo Sacramento, nas Mercedes

Publicado: 03 jun 2024 - 03:00

Existen circunstancias nas que a nebulosa do tempo unido á falta de información documentada sobre a existencia de determinados monumentos relixiosos fan difícil a misión informativa deste modesto relator véndose na obriga de recorrer á paciente busca de información tanto en antigos documentos como en escasos libros sobre o tema a tratar que poidan aportar unha fidedigna luz fiable sobre os mesmos; noutros casos a visita “in situ” ós mesmos acompañada da importante laboura informativa dos seus moradores pode resultar decisiva para a correcta valoración dos mesmos.

Antes do século XVII no solar denominado “Pía da Casca” actual praza das Mercedes, no había máis que hortas e viñedos a redor dunha modesta capela ademais de diversas pías para o tratamento de peles. No ano 1632 o bispo de Ourense Diego de Zúñiga Sotomayor (1631-1633) oriúndo de Tui, fundou unha pequena casa ademais de ampliar a pequena ermida existente; pero será, procedente do bispado de Almería á súa chegada á nosa cidade, o novo bispo frei Alfonso de S. Víctores (1654-12659) cando Rodrigo Suárez de Bentraces maila súa dona por manda testamentaria doaron 2.500 reais para sufragar os gastos dun colexio de monxas “Recoletas” da Nosa Señora da Mercedes. Ca chegada dun novo bispo a cidade das Burgas, natural de Alcalá de Henares, Diego Castell Ros de Medrano (1673-1694) encargou un proxecto para unha nova capela ó mestre arquitecto, Pedro de Arén, do que se conserva, na actualidade; a súa portada. Anos mis tarde o novo bispo e posteriormente cardeal, Pedro Quevedo e Quintano (1775-1818) ca axuda do abade de San Miguel de Canedo, Casimiro Cebrián, no ano 1792, concluíu a obra establecendo un colexio para a acollida de nenas expósitas dotada de escola pública gratuíta das primeiras letras, ademais dun modesto obradoiro de enfiados, tecidos, lenzos e cintas cuxa venda invertíase como dote e premios entre todas aquelas alumnas mais aplicadas.

A alta fachada da igrexa actual é de pedra provinte das canteiras de Rande; da remate á mesma mediante unha airosa espadana decorada con pináculos. Componse de dous ocos na base e un na parte superior con campá; o interior da igrexa o forma unha soa nave con coro alto; preto do presbiterio atópase unha reixa de separación entre o espazo destinado á clausura e a dos fieis. No presbiterio exponse, de xeito permanente tanto de día como de noite, o Santísimo mediante un rico e grande expositor dourado. A iluminación interior da nave acádase de xeito natural mediante a luz provinte de tres altas e policromadas fiestras decoradas con símbolos eucarísticos acompañadas das tres da fachada que iluminan o coro.

Contenido patrocinado

stats