Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
A Casa de Deus constitúe un edificio sagrado para a celebración pública do culto divino. Esta definición tal vez no resulte completa se queremos describir con máis precisión o obxecto arquitectónico ó que nos estámonos a referir; po elo debemos facernos as seguintes preguntas en relación co seu uso. San Lucas explica como Jesucristo deu instrucións ós seus discípulos para que preparasen a Cea de Pascua dentro dunha grande e arranxada sala. Dende entón, ese lugar constituíu os fundamentos da igrexa cristián. ¿Qué deixou escrito o Concilio Vaticano II ao respecto? ¿Como debe construírse unha igrexa católica nos tempos actuais?
Na arquitectura relixiosa conflúen diversas disciplinas: teolóxica, litúrxica, dereito canónico, socioloxía e, por suposto, a arquitectura; por iso o mais habitual é a xuntanza no traballo en equipo; deste xeito o arquitecto non ten que ser un teólogo, sociólogo ni un experto en liturxia; embargastes si se quere asimilar ben os conceptos fundamentais do proxecto construtivo para que o edificio se axuste á prospectiva da comunidade o encargo do mesmo debe conter cos diversos coñecementos precisos para o correcto deseño dos diferentes tipos de edificacións segundo sexan estes: catedralicios, parroquiais, de tipo devocional, sen esquecer, por outra banda, os coñecementos básicos da construción; isto é as medidas do edificio, do altar, capacidade do mesmo e cantidade de luz exterior a recibir, todo sempre de acordo cas normas emanadas polo Concilio Vaticano II, sen esquecer, por outra banda o propio asesoramento do bispo de cada sé episcopal apoiado polas directrices da Conferencia Episcopal Española.
A evolución tanto das parroquias, vilas como dos pobos e cidades ó longo do tempo, nalgúns casos, melloraron notablemente o censo da súa poboación; desta circunstancia xurdiu a necesidade de edificacións de novas igrexas capaces de albergar ós fieis asistentes ás celebracións do culto parroquial.
A nova igrexa de Santa Marta de Velle, situada a catro quilómetros de Ourense capital, representa un templo de corte moderno que segue os postulados emanados do Concilio Vaticano II. Inaugurada fai vinte e oito anos, caracterizábase, ata fai algúns anos, por unha decoración, tal vez, demasiado sombría ou austera, na actualidade algo modificada, de xeito concreto, no espazo dedicado ó presbiterio que conta cunha representación dun artístico mural consistente nunha pintura, a modo de vidreira, simbólica do Espírito Santo en forma de pomba acompañada de doce llamas de fogo, mercé á xestión, do actual párroco Francisco Enríquez, que foi quen contratou este traballo a unha empresa de Vigo dedicada á restauración de bens culturais.
O grande templo, de parecidas características ó de Cristo Rei, nas Lagoas, en Ourense, o forma unha soa e espazosa nave sen cruceiro que dispón dun amplo coro. A austeridade de imaxes é notoria a excepción dunha fermosa talla do Cristo do Perdón ou mal chamada “Ece Homo” que representa ó Señor de pé no momento de ser amosado ó pobo xudeu trala súa flaxelación por orde de Pilatos. Trátase mais ben dun Cristo preparándose para a Crucifixión polo que ós pes da piadosa imaxe figura os instrumentos da paixón; tamén é coñecido polo título de “Santo Cristo da Paciencia” estando traballado en madeira policromada sendo obra do coñecido escultor mestre de Sobrado. Resulta interesante a pía bautismal en forma de cuncha provinte da igrexa vella na que moitos dos actuais feigreses foron bautizados.
Situación: Baixada ría da Igrexa nº. 13.
Construción: Ano 2004.
Características: Igrexa moderna, sen estilo definido, de carácter austero, sen gran valor arquitectónico.
Elementos destacados: Cristo da Paciencia, datado no ano 1550, obra do mestre de Sobrado que procesiona en Semana Santa, en Ourense.
Arquitecto: Luís Antonio Chao Gómez e Luís Garaizabal Enjuto.
Estado de conservación: Bo.
Elementos auxiliares: Salón parroquial situado na cripta e tanatorio.
Información relixiosa: Culto cristián.
Titularidade: Se diocese de Ourense.
Párroco: Francisco Manuel Enríquez Pérez.
Informante: Dolores Feijoo Somoza, veciña de Velle.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Jorge Vázquez
SENDA 001
Dejar de mirar el reloj para empezar a mirar el horizonte
Lo último
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño
INVCITOS COMO LOCAL
Atlético Arnoia a seguir fuertes en casa ante el Pontevedra B