Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El portal que querría ser Milán (y Auria desprecia)
Igrexas e capelas ourensás
Cudeiro é unha das poboacións da periféricas de Ourense que limita cos veciños concellos de Amoeiro e Coles. Orientada cara o norte acolle unha importante poboación rural asentada nunha recostada ladeira que permite a contemplación das fermosas ribeiras do noso río Miño ademais da propia capital das Burgas.
A fachada, refeita en estilo neogótico, resulta interesante polo arco de acceso principal decorado con interesantes capiteis; por riba da porta dispón unha pequena fornela contendo a pequena imaxe do titular da parroquia San Pedro seguida dun moderno reloxo circular
A igrexa parroquial de San Pedro, de tipo románica de transición, preside o núcleo principal da poboación con fachada ergueita no ano 1929, tralo derrube do campanario sobre a praza como consecuencia dunha treboada na que matou ó campaneiro que se atopaba executando o seu traballo. A Casa de Deus, moi transformada dende a época románica, componse dunha nave única conservando parte dos seus muros orixinais feitos de cachotería concertada en cadeira de granito rematados e decorados con canícelos ademais dalgúns que outros existente na ábsida; o templo cóbrese a dúas augas mediante tella curva dando remate ó mesmo un Agnus Dei. A fachada, refeita en estilo neogótico, resulta interesante polo arco de acceso principal decorado con interesantes capiteis; por riba da porta dispón unha pequena fornela contendo a pequena imaxe do titular da parroquia San Pedro seguida dun moderno reloxo circular. A antiga espadana ou campanario derribouno un raio; ou actual componse de tres ocos apuntados acompañados de sensos chapiteis triangulares ademais dos existentes no frontón, da remate rematando ó conxunto unha pequena cruz de ferro.
O muro sur conserva unha pequena portada de acceso ó templo de tipo románica algo modificada datada na segunda metade do século XII, decorada con mochetas bastante deterioradas. O absceso ó altar maior, é a traveso dun arco triunfal sostido por interesantes capiteis. O retablo maior, de Cornelles Guillermo é de estilo manierista, do ano 1605, traballosamente restaurado no 2017; componse de predela dúas rúas e ático que acocha interesantes tallas presididas por un Crucificado, datado no século XVII, acompañado de interesantes imaxes: Inmaculada Concepción, santa Bárbara, san Lucas evanxelista, san Juan Bautista, tamén do século XVII, san Antonio de Padua e san Blas. Resultan moi destacables as diversas pinturas existentes no retablo, datadas entre os séculos XVII e XVIII, como Anunciación, san Pedro ademais doutras diversas escenas relacionadas ca vida dos evanxelistas; nos retablos laterais, barrocos, aparece unha representación da Sagrada familia, san Sebastián, do século XVII a Virxe das Caldelas, do Rosario, entre outras. Resulta interesante un relevo referente á fuxida a Exipto da Sagrada Familia, de corte popular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El portal que querría ser Milán (y Auria desprecia)
IMÁGENES CON HISTORIA
La Tertulia, un nuevo casino en Ribadavia
Juan Andrés Hervella
Igrexas e capelas ourensás
Igrexa de San Pedro de Cudeiro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O outeiro do infinito
Lo último