Igrexas e capelas ourensás | Parroquia nova de Santa Cruz e Santa María en Arrabaldo

Parroquia nova de Santa Cruz  e Santa María en Arrabaldo
Parroquia nova de Santa Cruz e Santa María en Arrabaldo | LA REGIÓN
Parroquia nova de Santa Cruz  e Santa María en Arrabaldo
Parroquia nova de Santa Cruz e Santa María en Arrabaldo | La Región

Arrabaldo é un pequeno pobo orientado ó oeste do concello ourensá limítrofe cos seus veciños de Punxín e Cenlle, bañado pola proximidade do noso vello río Miño e situado a dez quilómetros da capitalidade das Burgas.

A nova igrexa parroquial atópase, a man esquerda a carón da estrada nacional 120 de Ourense a Vigo, moi preto do espazo recreativo da Carballeira de Santa Cruz, próxima á antiga e interesante igrexa parroquial románica, actualmente sen culto, e escoltada pola pequena capela de San Vitorio.

A nova Casa de Deus, construída entre os anos 1970 e 1972 trala venda da antiga igrexa románica por parte do bispado ó que foi alcalde de Ourense Ricardo Martín Esperanza (Kaito). A nova igrexa parroquial inaugurouna e bendiciuna o bispo de Ourense Ángel Temiño Sáiz, acompañado das autoridades da época, o día un de xuño do ano 1972. A templo construído en pedra granítica do país caracterízase pola súa estrutura arquitectónica de carácter austero seguindo os postulados do Concilio Vaticano II, sendo obra do coñecido arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo. O acceso ó mesmo é a traveso dunha longa portada sostida por seis lisas columnas; a triangular e lisa fachada atopase aberta cara ó exterior mediante seis altas e verticais véntanas dando remate á mesma unha sinxela e pequena cruz. A alta e estreita torre campanario sitúase a carón da fachada, a forma catro andares dando remate á mesma un discreto campanario aberto por seis ocos. A longa nave cóbrese cara o exterior mediante unha teitume a dúas augas.

O espazo dedicado ó austero presbiterio sen retablo o preside unha imaxe do Crucificado acompañado das tallas da Virxe da Pera, datada no século XIX e a de san José e no lado do Evanxeo figuran as tallas da Virxe do Carme e san Sebastián, namentres que na Epístola, atópase a de san Benito.

Na larga nave con ampla tribuna ábrese, a man dereita, preto do presbiterio, unha pequena capela, con acceso a traveso dun moderno arco de tipo carpanel.

* Información facilitada por Miguel Ángel González García, arquiveiro diocesano.

Os datos

Situación

Rúa Calvelo s/n.

Coordenadas

42º20´48” N / 7º59´53” O

Construción

Entre os ano 1970 e 1972.

Características

Estilo pos conciliar.

Arquitecto

Manuel Conde Fidalgo.

Elementos salientables

Cruceiro do ano 1981.

Igrexa parroquial da Santa Cruz e Santa María.

Estado

Conservación bo.

Edificios auxiliares

Capela de San Vitorio.

Información relixiosa

Culto cristián.

Titularidade

Bispado de Ourense.

Sacerdote moderador

Luís Pérez González.

Informantes

Miguel Ángel González García, arquiveiro da diocese de Ourense e Luís Pérez González.

Protección

Catalogada pola Xunta de Galicia, protexida polo PXOM, ademais do coidado dos propios veciños.

Contenido patrocinado

stats