Igrexas e capelas ourensás

Publicado: 18 dic 2025 - 00:10

A primitiva igrexa baixo a advocación de Santa María
A primitiva igrexa baixo a advocación de Santa María

A pequena vila de Tamallancos pertencente o Concello de Vilamarín, atopase espallada ó longo da estrada do estado N-525 de Ourense a Santiago.

A primitiva igrexa baixo a advocación de Santa María románica – gótica, a pesares do paso do tempo, sufriu diversas etapas construtivas entre os anos 1523 e 1530, segundo unha inscrición que se conserva no interior da cartela existente na sancristía baixo o brasón ou escudo nobiliario dos Novoa.

No ano 1530 finalizou a obra construtiva da capela maior cuberta cunha bonita e airosa bóveda de cruzaría decorada con diversos floróns, maila sancristía. No ano 1700 ante o mal estado desta Casa de Deus cumpriu facer diversas reparacións sobre todo de afianzamento, alargamento da nave ó que se sumou a construción da tribuna maila súa escaleira de acceso. Novamente, xa a finais do século XIX, cumpriu acometer necesarios arranxos para a seguridade propia do edificio. No ano 1975 ante a insistente solicitude da veciñanza acordouse construír un novo edificio parroquial independente do anterior que, dalgún xeito, fixo deteriorar a igrexa vella ata que no 1994 os propios veciños acometeron a restauraron integramente.

A primitiva igrexa baixo a advocación de Santa María románica – gótica, a pesares do paso do tempo, sufriu diversas etapas construtivas entre os anos 1523 e 1530, segundo unha inscrición que se conserva no interior da cartela existente na sancristía baixo o brasón ou escudo nobiliario dos Novoa.

O retablo maior do presbiterio é barroco, en madeira, conta columnas salomónicas e quizais sexa obra de Castro Canseco ou do seu obradoiro, datado no primeiro cuarto do século XVIII, con modificacións posteriores; contén diversas tallas de certo valor. Na sinxela fachada atópase a porta principal de acceso con arco de medio punto románico e decorada con bolas, por riba figura unha case ilexible inscrición de difícil lectura na que aparece a data do ano 1523 acompañada de dous soportes dun antigo torna chuvias. A parte superior da fachada decórase con diversos elementos decorativos, pináculos, rematados en bola, posiblemente datados no século XVI Da remate á lisa fachada unha espadana de forma triangular do século XVIII decorada con pináculos composta de dous corpos que contén dous ocos para aloxar unha campá. A cubrición do templo acádase mediante o emprego de tella curva figurando no testeiro a presenza dun interesante e mal conservado Agnus Dei, co paso do tempo e motivado polo pouco espazo para a celebración do culto decidiuse a construción dun novo recinto sagrado; así no ano 1975, a nova e ampla igrexa, construíuse ca importante axuda da veciñanza no ano 1975, catalogase como dun estilo indefinido, con forte tipoloxía rural, atopándose moi preto da anterior a rodea un grande campo.

O retablo neogótico do altar maior instalado na igrexa nova cedeuno xentilmente o daquelas párroco de Santa María de Beade, Emilio Álvarez Pérez, e nel consérvanse parte das imaxes da vella igrexa parroquial de Santa María.

A arquitectura popular nesta zona atópase representada por importantes elementos destacados etnográficos; así resulta interesante a presenza dun peto de ánimas en pedra, sen relevo interno, datado no ano século XIX, ou no primeiro cuarto do XX. Tamén resulta interesante a presenza dunha antiga fonte con lavadoiro, de marcado corte popular, ademais de diversos cruceiros, algún deles con “pousadoiro”

Os datos: Igrexa Vella

  • Situación: Lugar A Irexa.
  • Coordenadas: 42º25´06.9”N 7º54´32.0”W
  • Estilo: Diferentes estilos: Románico, gótico
  • Construción: Igrexa datada no século X, con elementos góticos, renacentistas e barrocos.
  • Elementos destacados: Igrexa vella: Agnus Dei, retablo con diversas imaxes.
  • Estado de conservación igrexa vella: Regular.
  • Edificios auxiliares: Sancristía, antiga casa parroquial e cemiterio con osario.
  • Información relixiosa: Culto cristián.
  • Párroco: Pablo López Iglesias.
  • Informantes: Fernando Izquierdo e Máximo Caíña, veciño.
  • Protección: Igrexa Vella: Normas Complementarias e Subsidiarias do Planeamento da Provincial de Ourense.

Os datos: Igrexa Nova

  • Situación: Campo da Festa s/n.
  • Coordenadas: Nova: 42º25´38”N 7º54´32”O
  • Construción: Ano 1975.
  • Estilo: Indefinido.
  • Arquitecto: Manuel Conde Fidalgo.
  • Elementos destacados: Peto esmoleiro de arte popular.
  • Estado de conservación: Bo.
  • Información relixiosa: Culto cristián.
  • Párroco: Pablo López Iglesias.
  • Protección: Propios feigreses.

Contenido patrocinado

stats