Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
o afiador
Andamos en tempos de vendima, que na provincia de Ourense constitúe o momento álxido do medio de vida de moita xente. Dende que o mundo e mundo, a viticultura foi oficio escravo pola natureza delicada do traballo e polo comportamento caprichoso dos elementos atmosféricos ou pragas, que sobrevoan as cepas como espada de Damocles durante meses. Cada embate do mildio, flavescencia dorada, chuvia prolongada, xeada, pedrisco, sol excesivo ou os incendios, entre outros, poden dar ó traste co obxectivo de manter o modus vivendi dos propietarios para todo o ano. Despois, coa colleita recollida, aínda queda o traballo na adega e a comercialización do viño, que non son cousa menor nesta actividade milenaria.
A vendima, a matanza, a malla a algunhas outras faenas tradicionais máis leváronse sempre a cabo coa axuda altruista de familiares, veciños e amigos
Este ano, segundo a queixa de agricultores do Ribeiro e Valdeorras, parece que á morea de inquedanzas se suma a Inspección de Traballo, no control e vixiancia do cumprimento da lexislación laboral de quenens participan nas vendimas. O malestar, dín, non ten que ver co cometido dos inspectores, senon coas formas despregadas, xa que seica acudiron as viñas acompañados de dotacións da Garda Civil. Engaden que a presenza de axentes coas suas armas regulamentarias foi interpretada como unha estratexia de intimidación por parte quenes presenciaron eses episodios.
Un, que naceu, se criou, viviu e vive nun entorno rural no que abundaba o viño -e as vendimas, claro- nunca viu nin oiu atisbo algún de medo ou perigosidade por parte das mulleres, homes e nenos que participaban na faena, como para facer necesaria a presenza de gardas civís que, curiosamente, se botan de menos en outros lugares do rural para atender a cuestións de maior envergadura.
A vendima, a matanza, a malla a algunhas outras faenas tradicionais máis leváronse sempre a cabo coa axuda altruista de familiares, veciños e amigos, nas que nadie explotaba a ninguén, pois os que un día -ou unha semana- axudaban, logo contaban cos demáis para facer o seu traballo. Xuntar brazos resultaba capital para levar a cabo tarefas que requerían un amplo desplegue humano que, paralelamente, unha vez rematada a faena, conlevaba unha parte lúdica de xenerosa pitanza, humor e animada convivencia que axudaban a facer comunidade.
A Inspección de Traballo ten un cometido importantísimo a desempeñar para garantir o cumprimento da lei e a xustiza no eido laboral, pero de verdade cren que o problema real está nas vendimas? Si de verdade se quere dar no talón de Aquiles da legalidade, basta un olfato un pouco avezado para ver de onde ven o tufo da inxustiza. E os inspectores teñen esa habilidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil