A importancia do contexto

O AFIADOR

Publicado: 27 abr 2025 - 09:06 Actualizado: 27 abr 2025 - 19:00
Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

A morte do papa Francisco converteuse, como é lóxico, nun acontecemento de alcande mundial acaparando a atención planetaria, como evidencia que no seu enterro estiveran presentes os máis importantes líderes mundiales con outros centos de gobernantes, altos cargos de institucións e figuras destacadas en todos os ámbitos da vida, xunto con centos de milleiros de persoas que polas suas conviccións relixiosas ou polo poder de atracción do papa Bergoglio, quixeron facerse presentes na praza o una basílica de San Pedro no último adeus.

Pero mentras o pasamento do máximo líder da igrexa católica copaba o interés informativo ao longo da semana, no mundo seguiron sucedendo cousas -algunhas importantes- que noutro contexto terían merecido maior atención dos medios de comunicación e da opinión pública en xeral. As circunstancias e o entorno convértense en determinantes para a trascendencia dos acontecementos. O inicio dunha guerra provoca conmoción xeral, pero a sua cronificación vai facendo que o seu interese se esvaeza a pesar da crudeza e o escarnio que poida estar producindo o conflito. É a consecuencia da hipocresía de gobernos e gobenantes, que permite a España condenar de xeito contundente o xenocidio de Israel en Gaza, ao tempo que firma contratos millonarios para mercar munición e armamento, cos bombardeos como ruido de fondo da obscena operación comercial.

Intelectual de primeira línea e muller comprometida co seu tempo e as liberdades en xeral e do feminismo en particular. Unha das grandes

Volvendo ao contexto. María Teresa León, compañeira de vida e musa de Alberti, ademáis de novelista, contista, guionista de cine, tradutora… En definitiva, intelectual de primeira línea e muller comprometida co seu tempo e as liberdades en xeral e do feminismo en particular. Unha das grandes. Porén, o seu pasamento a últimas horas do 13 de decembro de 1988 non mereceu máis ca unhos renglóns nos medios de comunicación.

Explicación? Os sindicatos convocaran para o día seguinte a primeira gran folga dende a Transición contra o goberno de Felipe González -o famoso 14-D- que paralizou o país. Os convocantes, como é tradición ante situacións deste calibre- non deixaban repartir a prensa escrita, polo que as empresas editoras elaboraban edicións reducidas para sacalas á rua antes da media noite, sorteando así os efectos dos piquetes. Ese contexto provocou que a noticia da desaparición de María Teresa León quedase relegado a media columna -apenas un flash- para quen en circunstancias normais merecería páxinas e reflexións sobre o que significaron a sua obra e figura na sociedade española.

Contenido patrocinado

stats