Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Elogio del minifundismo
Recorda Neme que é importante e de grande interese particular ir tirando; iso si, sen tirar nada. Aínda que, do que se trata, é manterse instalado na zoa de confort. Como di o dito castelán “pasen días y caigan peces”. Referímonos, nesta ocasión, a tirando no senso de resistir. Sánchez aguanta e resiste na Moncloa, ainda que sexa desmantelando ao Estado; como explica o todo poderoso ministro de “Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes”, Félix Bolaños, la “medida refuerza el autogobierno”. Non se equivoca o ministro, pero o que reforza por unha banda, debilita pola outra. Así é! O autócrata aguanta, máis ben resiste -dispón do manual de resistencia- saindo adiante, a trancas e barrancas, aceptando chantaxe tras chantaxe. Senón non se entendería ese pegamento e medio para manterse na Moncloa. Esta é a opinión xeralizada e non só da oposición, describindo como Sánchez cede a Junts as competencias, ¡unha máis!, de inmigración e control de fronteiras, con tal de non abandoar Moncloa.
Estamos a falar de competencias tan propias do Estado español que, ata o mismo Puigdemont, salienta que “Cataluña gestionará competencias que normalmente ejercen los Estados”
Non fai falla que o diga o sempre atento e idolatrado Neme. A prensa tamén é unánime ao respeto. O PSOE cede e xustifica o pacto con Junts, igualando aos migrantes extranxeiros cos españoles “nados fóra de Cataluña”. ¡Inaudito! Ademais, arguméntase, que o PSOE cede a inmigración polo “impacto que supón a lingua e a cultura catalana, que un 25% haxa nado fóra”. Para o Sanchismo o fin xustifica os medios, sendo o fin manterse na Moncloa e os medios vender a España trociño a trociño, a cambio de sete votos de Junts. Como para chorar de pena, xa que se eu digo que, se o acordo entre Goberno e Junts sobre migración é hipócrita, porque ten plantexamentos “da pior extrema dereita” e “racistas”, só estou reproducindo -e dou por boas- as palabras do presidente de Castilla-La Mancha, García Page, auténtico socialista -non sanchista-, gañador de maiorías absolutas baixo o paraguas socialista.
Para Sánchez, manterse onde está, ten un prezo; fai o pagamento cumprindo a chantaxe. Nesta ocasión cedendo as competencias dos migrantes a Cataluña, polo que os “Mossos” estarán aí, protexendo a fronteira. Chama a atención que é unha cesión a un partido político, non ao goberno da Generalitat. E anteriormente xa foron concedidos indultos, amnistía, linguas cooficiais, condonación da débeda… Quen da máis? Só o pode facer Sánchez, e o fai, polo seu propio interés, a cambio de sete votos. Ou ían todas estas competencias no programa electoral das eleccións lexislativas do 2023? Claro que non! Foi una esixencia sobrevida pola necesidade persoal, facendo da necesidade virtude.
E se todo o dito, que non é todo aínda si elocuente, non fora suficiente, volve a chamar moito a atención xeral, que se Junts endexamais estivo nin está pola labor de acoller menores migrantes -de exclusións identitarias non andan mal- non acompañados na distribución que se pretendeu facer cando Canarias viuse desbordada, se lle conceda agora o control da inmigración e da fronteira. En calquera caso estamos a falar de competencias tan propias do Estado español que, ata o mismo Puigdemont, salienta que “Cataluña gestionará competencias que normalmente ejercen los Estados”. Branco e en botella. Paradóxicamente estamos diante dunha competencia de Estado pactada fóra do Estado. España capital Waterloo. Só unha pregunta: Fai falta unha consulta ou referéndum de autodeterminación de Cataluña para a súa independencia, con todo o tinglado que iso conleva, coma xa se demostrou no 2017? Pois non! O determinante é ir tirando, dando pasos firmes trociño a trociño, con Sánchez como xefe de operacións da desfeita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último