Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Así están las galerías, así está Ourense
Convócannos a terra e a beleza. A terra campesiña e maternal que nos acolle e que nos mantén. A beleza das palabras e das expresións artísticas que nos conforman, cargadas de recendos e sons doutros e destes tempos feitos memoria creadora.
A Limia é terra fecunda que dá boas colleitas, tamén de persoas creativas.
A biblioteca é morada da fantasía, do saber e do lecer, lugar encantado de encontro do futuro co pasado. É a casa das marabillas, a casa das palabras, de todas as palabras da Limia e do Limia, das máis diversas manifestacións artísticas, plásticas e audiovisuais. Espazo gozoso que garda todos aqueles tesouros soterrados feitos relato de coñecemento pola rica tradición oral. Fascinante sinfonía de sons, palabras, imaxes, cores e emocións. Ronsel tecido de voces e luces que ten de permanecer para sempre na memoria dos sentidos.
O xenial escritor Jorge Luis Borges, director da Biblioteca Nacional de Buenos Aires durante case vinte anos manifestaba: "Os rumores da praza fican atrás e entro na Biblioteca. Dunha maneira case física sinto a gravitación dos libros, o ámbito sereno dunha orde, o tempo disecado e conservado maxicamente". E noutra ocasión sinalaba: "Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca". É como se a biblioteca tivese o poder da inmortalidade, como se aínda conservase aquela sacralidade primixenia que se lles confería ás obras dos primeiros escribas.
A mítica Biblioteca de Alexandría, no antigo Exipto, que chega a atesourar perto de 900.000 volumes antes da súa destrución, nacía vinculada a un museo (museion) -lugar onde moran as musas, divindades inspiradoras das artes-, con dez estanzas dedicadas á investigación, cada unha delas centrada nunha disciplina diferente, con grande número de filósofos e poetas que se ocupaban do seu mantemento, depositaria das copias de todos os libros que recollían o saber da humanidade daquel tempo. O Museo da Limia, con querenza de casa grande, aberta e viva, que acolle esta biblioteca, quere ser tamén a casa das persoas e de todas as súas creacións con vontade estética para lles tributar o recoñecemento merecido e para polas ao dispor da veciñanza e dos visitantes. Ten débeda eterna de estima e gratitude para cantos, con dedicación e xenerosidade, veñen contribuíndo a facer realidade esta fermosa ilusión colectiva, inspiración para novas iniciativas.
O romano Caio Asinio Polio inauguraba no ano 39 a. C. a que está considerada como a primeira biblioteca pública da cidade eterna, quizais o primeiro centro cultural do mundo. Non será até o século XX cando a biblioteca, auténtico centro de dinamización cultural, chegue a ser considerado como un servizo público básico.
O bibliotecario estadounidense Peter Golkin confesaba: "As miñas dúas cousas favoritas na vida son as bicicletas e as bibliotecas. Ambas moven a xente cara á diante sen custar nada. Un día perfecto: cando vou en bicicleta á biblioteca".
Na historia da Galicia contemporánea, a data do 17 de maio de 1863 cárgase de forza simbólica por ver a edición dun libro emblemático, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marca o comezo da recuperación da lingua e da dignificación da cultura. Este 4 de maio de 2018 ten de perdurar na memoria do territorio como novo impulso ao compromiso firme de conseguir un tempo máis xusto e máis culto para a cidadanía.Entre os ecos do monótono repenicar das animadas ras, acouga a morriña dos enormes e serenos bois negros co seu paciente andar. Na noite pecha, hai estremecementos da vella lagoa soterrada. Cantos de galo á desora e ouleos de lobo chegan na brisa lene que alenta camiñantes e carreiros, moradas e leiras. Hai unha grande lagoa de beleza nas terras de Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Así están las galerías, así está Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La cuenta de la autovía
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El puente viejo que permiten seguir siendo viejo
Rosendo Luis Fernández
"No hay tutía"
Lo último
CRÓNICA PERSONAL
Adiós a Soledad Gallego-Díaz, una espléndida periodista
DOMINGO 10 DE MAYO
La Carreira Solidaria Ruta 091 ocasionará cortes de tráfico en Ourense