Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Incontrolable
¡BUONE VISIONI!
Arepresentación da diversidade funcional evolucionou ao longo da historia do cinema. Desde unha imaxe da discapacidade en moitos casos estereotipada a unha representación máis próxima á realidade, sobre todo na última década. En xeral, a miúdo os filmes que tratan esas temáticas son obras inspiradas en caso reais. “Mi pie izquierdo” (1989) de Jim Sheridan baséase na historia de Christy Brown, un escritor e pintor irlandés nado con parálise cerebral. “Shine” (1996) de Scott Hicks fala sobre o pianista australiano David Helfgott (1947) que sufriu esquizofrenia. E só por citar dous exemplos de filmes que foron un éxito de crítica e público.
“Incontrolable (I Swear)” de Kirk Jones, inspíranse sobre a biografía real de John Davidson. Nado no 1971 en Galashiels (Escocia) e co diagnóstico de Tourette á idade de 15 anos. Un ano despois fixo visible a súa enfermidade a través do documental “Johns Not Mad” (1989), considerada entre as 50 mellores películas de non ficción do Reino Unido.
O Tourette é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en múltiples tics motores e vogais. Estes tics involuntarios poden implicar a todo o corpo ou vocalizacións como carraspeos, gritos ou emisión involuntaria de palabras inapropiadas ou insultos. Esta condición produce un claro malestar da persoa en todos os ámbitos da súa vida. No caso concreto de John Davidson, o protagonista do filme de Kirk Jones, os síntomas causados polo seu trastorno acabaron case illándoo da todos. Ao igual, xa adulto, Davidson chegou a converterse nun activista, facendo unha labor que foi condecorada coa insigna de Caballero do Imperio Británico e que Davidson recibiu directamente desde as mans de Isabel II - despois de insultala á cara involuntariamente-.
“Incontrolable (I Swear)” entra na categoría de cinema social. Pero é un filme que no busca compracer. O seu enfoque é bastante honesto, sobre todo grazas a herdanza da mirada do cinema humanista de Ken Loach ou Mike Leigh. A película é un perfecto exemplo de “cinema educativo” onde o director está ao servizo da historia e da súa mensaxe. É un filme que está creado para concienciar o público. Explica moi ben que significa vivir coa síndrome de Tourette. E nesta labor pedagóxica, axuda moito o gran traballo dos interpretes. As extraordinarias actuacións de Robert Aramayo e a de Scott Ellis Watson encarnan perfectamente as emocións do neno adolescente descubrindo os primeiros síntomas e do adulto convindo coa síndrome. A actriz Maxine Peake e o actor e director Peter Mullan, completan un reparto artístico solvente.
“Incontrolable (I Swear)” non ten nada que ver con outras películas que tratan a diversidade funcional desde un punto de vista estético e sensorial como “Sorda” (2025) de Eva Libertad ou “La escafandra y la mariposa” (2007) de Julian Schnabel. Pero, máis aló da súa proposta estética e narrativa convencional é un filme que cumpre coa súa función educativa. Non é un manual de instrucións. Consegue concienciar o público, explicando moi ben que significa vivir coa síndrome de Tourette e sobre todo non vos deixará indiferentes.
O coruñés Alberto Vázquez triunfa nos Premios Quirino coa película “Decorado”. Os Premios Quirino repartiron o seu palmarés entre cinco países nunha edición celebrada en Tenerife que confirmou a forza creativa da animación iberoamericana e recoñeceu o talento galego na súa categoría principal. Inspirada na curtametraxe homónima do director, a película é unha coprodución entre as españolas María y Arnold AIE, Abano Producións, Uniko e Glow Animation, e a portuguesa Sardinha em Lata. En Galicia, o filme puido verse en Vigo a semana pasada dentro do ciclo “A lingua galega no cinema”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Incontrolable
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Para moción, Lugo
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Plantar cara a Trump
Fernando Jáuregui
Vuelve el calor: peligro de incendio, señor ministro, señor alcalde
Lo último
"¡LA REUNIÓN HA IDA MUY BIEN!"
Trump anuncia una extensión del alto el fuego entre Líbano e Israel por tres semanas
10% DE LA PLANTILLA
Meta despedirá a 8.000 trabajadores por la IA