Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, De Irán a la calle Progreso
Na miña consulta entrou unha nena encantadora ca súa nai. Semellaba moi agobiada, pero eu non acababa de comprender o motivo de consulta. Finalmente sinaloume algo na súa cara:
-Mire, mire que mal!
Confeso que non vin nada. Porfiou:
-Pero non ve que pelos?
Non vin nada máis ca unha pelusiña mínima, certamente normal, e así llo fixen ver. Iso desesperouna e a súa cariña engruñouse de decepción. Algo estábaseme escapando, porque era evidente que estaba anguriada pero eu non acababa de saber por que. Finalmente a nai clarexoume a situación:
-Está moi angustiada porque se pregunta se ela en realidade non será un neno en vez dunha nena.
Non, señores, o tema non ten gracia ningunha. Tranquiliceina, fíxenlle ver que non había razón ningunha prás súas dúbidas e penso que fun eficaz, pero por dentro foime xermolando unha xenreira, unha progresiva indignación que poderedes comprender. O dr. Carlos Arango, psiquiatra, vén de denunciar o boom de mozos que agora din por moda que son trans pero non o son; a ninguén se lle escapa que a razón está, entre outras, nesas actividades extraescolares nas que se promoven nos nenos dúbidas sobre a súa identidade sexual.
Quen foi o adoutriñador que sementou esas dúbidas na miña paciente nunha sesión de “educación para la diversidad”? Quen a manipulou pra que se plantexase se realmente é nena ou neno? Quen foi o irresponsable sacerdote da ideoloxía queer que espallou confusión inútil e infundada na cabeciña de escolantes como ela? Quen foi o incompetente que vende como progreso trapalladas sen base científica? Quen lle metería a anguria no corpo á miña encantadora paciente ca leria de que “hay niños que nacen con vulva”? E quedou tan ancho/a/e, pero que prezo ten a angustia definitivamente infundada da miña meniña?
Que prezo estades pagando vós os pais por tragar cas imposicións dogmáticas destes pregoeiros que venden dogmas como progreso, confusión como liberdade? O prezo é a vida dos vosos fillos, a súa alegría, a súa liberdade. A miña meniña deixou por semanas de xogar cas monecas (esa “lacra de la sociedad machista”) pra deprimirse afundida en preguntas e dúbidas definitivamente innecesarias, estúpidamente inútiles. Esa nena pode ser a túa ou a miña. E ides quedar impasibles? Indignádevos!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, De Irán a la calle Progreso
Manuel Orío
RECORTES
El manicomio eterno
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Del AVE al BVE (II)
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Correr
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de marzo
INVESTIGACIÓN
El Seprona destapa un caso de corrupción en renovables
FONDOS EUROPEOS
España solicita el sexto pago de los fondos de recuperación