Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una mierda de Nochevieja
Hai un mes foi detida de novo en Teheran, Narges Mohammedi, a premio Nóbel da paz de 2024 pola súa loita polos dereitos civís das mulleres e homes de Irán, tema que en España, pasou absolutamente despercibido, sen sequera unha felicitación do Goberno de España, e pouco menos que censurada nos “nosos” medios públicos. Se cadra algo ten que ver con inercias desde que Pablo Iglesias traballou para a televión iraní HispánTV, co seu programa, “Fort Apache”.
De Irán ultimamente falei dúas veces. Cando a policía asasinou a Mahsa Amini, aquela rapaciña de 22 anos que fora arrastrada á comisaría porque levaba o velo mal posto, en setembro de 2022. E a outra, en setembro de 2024 interrogándome se vostedes coñecían a citada Nóbel ou a Vivian Silver, una dirixente pacifista israelí que traballaba nunha organización pola paz de mulleres palestinas e xudías, asasinada o 7 de outubro de 2023 por Hamás. E se non as coñecían non era culpa súa, era porque os medios case non fan o que deben: dar informacións plurais para que o lector forme opinión propia.
Algunha das veces no tema do sufrimento de Irán evoquei o berro poético de Celso Emilio Ferreiro “Nunca virá de fóra remedio ou esperanza”. O caso é que como nos resulta moito máis próxima Venezuela -todos temos parentes alá, amigos ou veciños daquelas terras- estes días temos a nación caribeña sempre nas noticias, no corazón e na esperanza. E así aos homes e mulleres de Irán que están nas rúas en pelexa durísima contra a súa ditadura non lles prestamos a mínima atención. Están sós. E iso que inundan as redes con imaxes do seu levantamento. E si, hai nacións de pret-a-porter, que teñen de vida a dos estado modernos, como todas as de América, e que moitas veces só existen por caudillismos militares locais, por non falar das liñas rectas do patchwork africano fillas dos repartimentos coloniais. Pero ao lado, hai outras poucas culturas e estados con raíces milenarias. E aí falamos de Xapón, de China, de Grecia e de Persia (por como lle chamaron os gregos) ou Irán (como preferiron chamarse eles oficialmente desde os anos 30 por iso de “arios” e vincularse así a Occidente). Lembro ben -vino no Hola daquela- o disparate de celebración, en 1971, dos 2.500 anos do imperio persa, organizado polo Sha, Reza Palevi, que convidou a todos os reis de mandatarios do mundo e ciscou cos cartos todos do país (37 km. de seda para as carpas, 50.000 paxaros cantores importados de Francia que ao chegaren morreron de calor, comida de catering do Maxim de París, etc.) nun país cheo de fame e miseria. De aí, e da terrible actuación da policía política, a SAVAK, organizada pola CIA, veu a unidade popular contra o goberno do Sha, que ao final foi capitalizada polos ayatolas, que trouxeron, con Jomeini, a teocracia actual. Hoxe no país manda, como xefe do estado con todos os poderes, Ali Jamenei, o ayatola sucesor de Jomeini, desde a súa morte en 1989. Pero nas últimas eleccións, aínda coutadas e presas, en 2024, o pobo votou para o posto de presidente do goberno polo, seica, máis reformista do seu espectro, o médico Masoud Pezeshkian. E que todo foi mal. Non deu cambiado nada. E a participación de Irán, a través da todopoderosa Garda da Revolución de Irán, como acelerante dos conflitos en medio oriente, intensificouse. Fronte a isto, o exército regular, con moito menos poder, está calado. O pobo, non só estudantes, encirrado pola grave crise económica, berra nas rúas. Van 45 mortos en doce días. Piden cambios políticos e o cambio de réxime. O exilio iraniano nas capitais europeas, tamén se mobiliza. Ándalles o mundo ben revolto. Lembren que crise significa, tamén, oportunidade. Toda a miña simpatía. Todos os meus desexos de que acabe ben a cousa. Sorte. Halles cumprir ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una mierda de Nochevieja
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Unha próxima e antiga representación dos Reis Magos
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Acha-lo tempo pensado
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Apuntes, políticos, de Venezuela
Lo último