A certeza en Xesús

Publicado: 10 ene 2025 - 00:10

Moitas veces vivimos desesperados porque non encontramos a ninguén en quen confiar. Dicimos que a esperanza é o último que se perde porque aínda cando nada semella ter sentido sempre buscamos algo ao que agarrarnos. O problema é que non hai esperanza cando lle damos as costas a Deus, porque se dicimos que El non existe e todo é froito do azar quedámonos sos, completamente sos.

O contraste na nosa vida cando nos encontramos con Deus é total, porque incluso o termo “esperanza” nos labios do Salvador vai moito máis aló do desexo do corazón. Ten que ver cunha certeza absoluta de que Alguén (con maiúscula) está sempre con nós, ámanos, protéxenos, coida de nós e non nos deixará nunca. Iso é moito máis ca una simple esperanza.

Contenido patrocinado

stats