Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Ourense, de capital termal a capital del pufo
A cidade, ademais de constituír un espazo privilexiado para as relacións humanas, é produto da historia. Non poucas das que coñecen, incluída a nosa, funde os alicerces no mundo antigo, na etapa romana. A propia evolución do tecido urbano vai xerando espazos con estéticas máis ou menos exitosas que teñen que ver tanto coa planificación urbanística, como coa calidade dos profesionais que interveñen na súa construción. Quizais por iso e sen que con claridade saibamos o por que, algúns lugares resúltannos agradables, mentres que outros provocan rexeitamento.
O feito de que os núcleos urbanos sexan fillos do tempo, fainos obxecto de estudo dende moitas disciplinas de coñecemento, entre elas a Historia. E dende este punto de vista, os arqueólogos estamos afeitos a tratar de forma cotiá coa materialidade que produce cada grupo cultural -entre eles, o noso-, feito que nos conduce a observar e reflexionar sobre canto nos rodea, anque o que vemos forme parte de accións recentes. Incluso excesivamente para os que pensen que arqueoloxía só se pode emparellar con antigüidade. Pero vaiamos ao gran. Hoxe voulles falar de dous espazos condenados a ser residuais en pleno centro de Ourense, tratados como tal polas sucesivas planificacións urbanísticas e que, aínda así, algúns arquitectos, cun bo saber, dignificaron coa súa obra. Un é a contorna da igrexa de San Francisco. Outro, o colexio Curros Enríquez. Ambos inmobles están catalogados como patrimonio cultural e o colexio, como saben, coa categoría de Ben de Interese Cultural, BIC.
Para o primeiro caso, podemos ver os edificios que rodean a ábsida do trasladado templo franciscano. Pese a preexistencia deste no lugar dende finais da década de 1920, é magoa observar as fachadas dos edificios que a circundan. Todas recibiron un tratamento de traseiras, cando non de medianeiras, agás un: o pertencente ao da rúa de Curros Enríquez 4 -en esquina coa Avenida da Habana-, obra dos arquitectos A. Alés Reinlein e J. Suances Pereiro. A coidada fachada traseira que mira á dita ábsida recibiu un reflexivo tratamento estético, como unha fachada principal. O segundo caso de hoxe é o edificio de Curros Enríquez 27, inicialmente con baixo, tres plantas e ático, e obra de Alés Reinlein, cunha remodelación posterior que a dotou de dúas novas plantas. A fachada traseira mira para o espazo aberto no que se empraza o colexio Curros Enríquez. Se se achegan ao lugar poden ver unha enorme medianeira con patio de luces, estrutura froito dunha planificación urbanística acaso eternamente inconclusa -iso si que é feísmo a gran escala- que, a modo de acantilado artificial, se bota por riba deste entorno. Pero a fachada de Alés Reinlein, cun digno tratamento arquitectónico que non resta importancia á condición de traseira, é quen de dignificar ese enclave aberto que, incluso moitos anos despois, non se conseguiu resolver. Foi loable o traballo do tamén arquitecto Manuel Requejo, que coa reforma do edificio deulle continuidade ao legado de Reinlein.
Obras como as citadas, fachadas traseiras de edificios civís só aparentemente desprovistas de significado para o gran urbanismo, como as pezas dun Tetris que van encaixando coa historia, contribúen a mellorar Ourense, dotando de valores estéticos ás súas arquitecturas que, sumadas ás preexistencias, enriquecen e dan continuidade aos mellores elementos do legado urbanístico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Ourense, de capital termal a capital del pufo
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Líbano, el daño colateral
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
¡La novia!
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Un cartero en la mirilla
Lo último