José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
PENSAR POR PENSAR
A tormenta chegou ao límite cos últimos acontecementos nas cloacas protagonizados polo trío Ábalos, Cerdán e Koldo. A noticia está mascada e volta a mascar, con todo non deixarei pasar a oportunidade de reflexionar por canto representan os devanditos personaxes. Fágoo ao consideralos exemplos dignos de non ser escondidos baixo as chafalladas dos pisóns políticos seguintes. Verán, alá polos albores da nosa nova democracia un bo amigo meu empeñouse en afiliarse a todos os partidos políticos que se presentaban ás primeiras eleccións municipais en Vigo. Eran mogollón, tantos que hoxe non sería capaz de enumerar nin un terzo. El conseguiu o seu obxectivo polo só pracer de colleitar os carné, foto incluída, das organizacións ás que non tardou en agregar os dos sindicatos emerxentes. A colección acabou sendo magnífica e as anécdotas exemplares. Ensinanza: afiliarse aos partidos era e é un xogo fácil para pícaros e oportunistas. Con esta idea no maxín escribín unha serie de reportaxes coa sa intención de publicalos os domingos en El Pueblo Gallego, diario onde traballaba. Con todo ao director pareceulle un sarcasmo excesivamente ferinte e os testemuños morreron na papeleira. Unha mágoa porque aquelas anécdotas servirían de avisos para canto veu despois.
Non errou porque o mesmo lle aconteceu o PP de Fraga, Aznar e Rajoy. Aquí en Galicia vimos como, entre outros, por vía familiar coábaselles Pablo Crespo no papel de secretario de organización, ía de camiño cara á cabeceira da Gürtel mentres o comisario Villarejo gravaba ata o luceiro do alba.
Viñeron os tránsfugas e, en todos os partidos, as ideoloxías que para algúns cargos teñen a mesma duración do emprego desempeñado. Á marxe de amaños menores e tropezos de financiamento, o primeiro caso soado foi o de Luís Roldán polo seu ambicioso enriquecemento. Pillárono e tras unha rocambolesca fuxida por medio mundo acabou entre reixas. A catadura do personaxe foi un doloroso insulto á sa militancia de esquerdas. Unha tarde daquelas, en Madrid pregunteille a unha histórica compañeira do PSOE como era posible que un tipo como Roldán entrara nas entrañas do partido e chegara tan alto? A resposta resultou contundente: “Cando alcanzamos a legalidade e acadamos o poder as fichas dos militantes de confianza cabían nunha caixa de zapatos e por desgraza este Roldán non será o último exemplo en todos os partidos”. Non errou porque o mesmo lle aconteceu o PP de Fraga, Aznar e Rajoy. Aquí en Galicia vimos como, entre outros, por vía familiar coábaselles Pablo Crespo no papel de secretario de organización, ía de camiño cara á cabeceira da Gürtel mentres o comisario Villarejo gravaba ata o luceiro do alba. A Isabel Díaz Ayuso o pícaro de quenda coóuselle entre as sabas por vía sentimental. A Sánchez o trío Koldo, Ábalos e Cerdán infiltróuselle por detrás da amigable confianza. Politicamente caeu Ábalos e agora Santos Cerdán, tras investigacións policiais terribles. No medio século de liberdades hai material para unha saga callada de perfís clónicos de Roldán.
As componendas e a corrupción son males endémicos na vida pública hispana desde os romanos aos nosos días. Hoxe temos a fortuna de sabelo e poder atallalo. Pero non, ningún goberno democrático das cinco últimas décadas puxo os medios, as normas e as leis eficaces para acabar co escándalo e a hipocrisía vixentes. É máis, utilízanse os mesmos canles políticos, policiais, xurídicos e informativos por parte dos dous grandes partidos para derrocar a quen goberna. A dereita faio con máis afán e complicidades que a esquerda. A esquerda actúa máis pousada, pero con menos recursos que a dereita. Finalmente, desde o PSOE e PP a imaxe que transmiten á cidadanía é a de ser lexións de pícaros ben fornecidos, agardando que o cego do conto do Lazarillo non descubra o número de uvas que en cada quenda come cada quen.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
No falta trabajo, falta quien quiera sostenerlo (en las condiciones de siempre)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Lo último
QUINTA COMUNIDAD CON MÁS LETRADOS
La demanda de justicia gratuita aumentó un 4,8% en Galicia en 2025
VICTORIA HISTÓRICA
El Antela hace historia y asciende a Tercera Federación (0(4)- 0(5))
CUARTO FICHAJE
El COB sube de nivel con el fichaje del base Toms Leimanis