El testamento de Ann Lee

Publicado: 20 mar 2026 - 05:10
Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

A parella sentimental e creativa formada por Mona Fastwold e Brady Corbet, tendo ao Óscar para The Brutalist aínda fresco, regresan aos Estados Unidos para contarnos a biografía de Ann Lee (1739-1784). Líder da Sociedad Unida de Creyentes en la Segunda Aparición de Cristo - tamén chamados ‘Shakers’ (os Sacudidos) -, Ann Lee, segundo as palabras da propia directora e guionista foi “a primeira feminista dos Estados Unidos”. Quizais é unha definición algo atrevida. Pero certo é que os seus seguidores considerábana o primeiro Xesucristo feminino, e rezábanlle cantando e bailando. Un papel que non puido desenvolver no seu Manchester natal porque as mulleres non podían ser predicadoras, pero que en Estados Unidos era totalmente permitido e onde chegou a converterse nunha santa. Ann Lee é a expresión do soño americano cumprido por parte dunha fundamentalista mesiánica cun serio trastorno mental sen tratar. Lee foi unha muller alérxica ao sexo a raíz dunhas tráxicas experiencias vividas no seu pasado – perdeu catro fillos. Como pasou en The Brutalist, a representación dos Estados Unidos é dunha terra onde a irracionalidade atopa o seu espazo vital e convértese en comunidade, se hai un obxectivo común de traballo.

O testamento de Ann Lee rescata do esquecemento á líder Shaker e ofrece unha inmersión sensorial na súa fe e delirio

Pero non é na representación dun País, xa vista e retratada mellor noutras películas, que o filme sobresae. É máis por acompañarnos no delirio alucinante da súa protagonista interpretada por Amanda Seyfried – que, por inciso, ten unha aparencia física moi diferente da Ann Lee orixinal. O loito, a dor polos fillos perdidos, o illamento da súa experiencia do sanatorio e da cárcere, a fame endémica, a enfermidade, a falta de sono... todos son elementos que contribuíron a elaboración das súas visións celestiais e das súa doutrina. O filme ensínanos estes momentos desde dentro, sempre desde o punto de vista dela, e tamén das lendas que a acompañan e que atravesaron os séculos para achegar ata o día de hoxe. Neste sentido El testamento de Ann Lee podería ser perfectamente unha película de cinema relixioso e que se centra sobre o valor persoal da fe.

Na súa proposta estética, a directora quere abarcar distintos camiños pero parece non tomar nunca unha dirección clara. Pasamos do drama de época moi convencional ao musical máis inclasificable. Só na marabillosa banda sonora orixinal de Daniel Blumberg – mesmo traballou en The Brutalist – atopamos o verdadeiro lirismo desta historia, nas ladaíñas folk e nas brillantes rivisitacións dos himnos dos Shakers. Na escenas de danza e na música, a directora captura plenamente a éxtase e o delirio dunha comunicade na procura da súa utopía. Nestas secuencias musicais e coreográficas El testamento de Ann Lee ofrece ao espectador unha inmersión sensorial sorprendente. Por outra banda a película perde o rumbo máis dunha vez, sobre todo cando a narración faise máis convencional ou incluso no utilizo da voz en off que resulta bastante redundante.

Curiosamente ao día de hoxe en Maine sobrevive só un puñado membros da seita dos Shakers. Despois da morte da súa fundadora Ann Lee, ao promover o celibato estreito, a comunidade acabouse extinguindo soa. Lee deixou unha profecía na cal afirmaba que a comunidade reviviríase ao máximo esplendor cando se quedara só en 5 membros. E certo senso, é o cinema que cumpre a milagre. Rescata do esquecemento a seita, dándolle unha visibilidade en todo o mundo.

Contenido patrocinado

stats