Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Pode un tipo que fai pizzas escribir unha obra mestra da literatura? Eis unha pregunta curiosa que apareceu nalgunha das reseñas sobre o último filme de Rémi Bezançon: La biblioteca de los libros rechazados. A devandita pregunta, malia sorprender un pouco fóra do seu contexto, ten moito sentido. Sitúemonos nunha singular biblioteca que custodia nun cuarto vello unha morea de libros rexeitados polas editoriais; pensemos na aparición nese espazo dunha novela de calidade exquisita, asinada por un tipo que se dedicou toda a vida a facer pizzas; contemplemos a posibilidade de que a descubridora da citada novela -unha xove editora- decidise publicala e que, despois disto, a novela en cuestión pasase a ser considerada unha obra mestra... Habería ou non habería sorpresa? Imaxino que si. Eu, polo menos, si me sorprendería bastante. Tendo conta disto, despois de ver o filme, pregunteime se algo así podería suceder na realidade e como nos afectaría. Cheguei á conclusión de que si. Podería suceder. De feito xa aconteceu algo parecido con Pessoa, un escritor inmenso -dos mellores poetas do século XX, en palabras de Harold Bloom- que pasou inadvertido en vida para a crítica literaria.
Daquela, e dado o pouco que aprendemos dos propios erros, poderiamos perfectamente volver repetir algo así con calquera outra autora. Ou autor. O que xa non imaxinariamos non é tanto que esa autora ou autor fose un cociñeiro, mais que non tivese lido nada aparte de receitas en revistas de cociña. Por iso a pregunta de marras -Pode un tipo que fai pizzas escribir unha obra mestra da literatura?- resulta tan interesante, pero imprecisa. Eu preguntaríame máis ben se “pode” un tipo que fai pizzas ter tempo para formarse e ler libros que favorezan e fornezan o seu talento. Faise importante matizar isto, porque non é só a profesión a que determina a vida das persoas, mais a clase social á que pertencen, que é unha condición previa.
Alguén que carece de tempo material para formarse dubido moito que poida relaxarse lendo a Georg Trakl ou Pushkin e escribir unha novela ateigada de referencias literarias coma esa que aparece na biblioteca da película. Por que lle vai inquietar o que escribiron Pessoa, Dickinson ou Joyce a unha persoa que vive en condicións precarias e ten tantos problemas que resolver? Como moi atinadamente escribiu o poeta Joseba Sarrionandia, “Que le importa al muchacho torturado/ si el poeta es un fingidor?/ (…) ¿Quién es Michel Foucault para quien se consume durante diez meses en celdas de castigo?”.
Somos tan hipócritas ás veces! Por iso o protagonista deste filme -un insolente na opinión do resto de personaxes- resulta tan interesante, porque é o único que decide non crer na autoría De Henry Pick -o home das pizzas- e inicia unha intensa investigación ata averiguar quen escribiu realmente esa novela. Se ademais o insolente en cuestión é interpretado por Fabrice Luchini, que máis se pode pedir?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último